Bo Nadal e felices festas a todos os que seguides o noso Blog.

Aqui tedes a autorización para poder colgar en internet os resultados audiovisuais dos campamentos de Nadal. Para descargalo so tedes que pinchar no enlace e logo darlle a descargar (Download). Tamén podedes pasar a recollelo no propio museo. ¡Felices Festas!



http://www.ceida.org/files/publicacions/amares_novembro_0.pdf
Adxuntamos  eventos novedades bolsas e axudas vencelladas o Mundo do Mar.

ACTOS NO MUSEO PROVINCIAL DO MAR, SAN CIBRAO (CERVO)
Sábado, 12 de decembro de 2009
18.00 horas
INAUGURACIÓN da Exposición “Ás portas de Rinlo”, de Fernando Páez (Adxúntase invitación)
Coa intervención de Fernando PáezCarlota Eiros e  Antonio Veiga, Deputado delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo

19.00 horas
POLAFÍA organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) co patrocinio da Área de Cultura, Vicepresidencia primeira, da Deputación de Lugo.
Coas intervencións de Antón Castro (música), Xoán NeiraPaco RivasIsidro NovoVicente MíguezCapitán PinoAntonia MonSr. ClaraRamón Rivas e… os presentes que queiran intervir. Este acto será gravado e logo editado e publicado na web da AELG.

Este sáabdo, Polafía no Museo do Mar de San Cibrao
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo organiza unha polafía (polavila, fía, fiada, fiandón, serán,...) no Museo Provincial do Mar de San Cibrao o sábado, 12 de decembro, ás 19:00 horas. Intervirán, entre outros, Antón Castro, Isidro Novo, Xoán Neira, Paco Rivas e veciñase veciños da Mariña de Lugo coas súas historias salgadas. Este proxecto conta coa colaboración da Asociación MariñaPatrimonio. Entrada libre, ata completar aforo.

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Lugo, 9 de decembro de 2009

Saúdos
Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística
Museo Provincial de Lugo / Deputación Provincial de Lugo

Contacto:
tfn.: 982 24 21 12 / fax: 982 24 02 40/ info@museolugo.org
http://www.museolugo.org/

¡Tócao todo!
Cada neno levará pegada unha imaxe dun animal mariño. O xogo consiste en que un dos monitores dirá o nome dun deses animais deste xeito: ¡Toca mexilón!. Nese intre, tódolos rapaces deben tocar, o más rápido posible, ó compañeiro que leve pegada a imaxe dese animal. Así ata que saian todos.


¡Todos a bordo!
Xógase en grupos de 4 ou 5 nenos, uns agarrados ás costas dos outros e cos ollos pechados menos o último que conduce. Cada grupo é un barco que parte co destino que os rapaces queiran elexir
O capitán que dirixe o barco, ten un sistema de ordes que debe empregar:
ü  Un golpe nas costas, o barco navega recto cara adiante: “Avante toda”.
ü  Dos golpes nas costas, o barco bota a áncora e fondea.
ü  Tres golpes nas costas, o barco navega marcha atrás: “Atrás toda”.
ü  Un golpe no ombreiro dereito, o barco vira a estribor.
ü  Un golpe no ombreiro esquerdo, o barco vira a babor.


Cando o capitán berra ¡CAMBIO!, toda a tripulación se separa e intentan formar un novo barco con compañeiros doutros grupos.

Soga-tira
Consiste en tirar da corda co teu equipo mentres outro equipo tira desde o lado contrario. Unha raia marcada na area separa ós dous equipos e cada un deles ten que intentar que o outro equipo a pise.



Carreiras con vasos de auga
Fanse dous equipos. Na liña de saída hai unha cubeta baleira no outro extremo unha chea de auga. O primeiro neno corre cun vaso baleiro ata a cubeta chea, éncheo de agua e volve para botala na cubeta baleira. Logo dalle o vaso ó segundo membro do seu equipo, e así sucesivamente, por quendas, ata conseguir encher a cubeta do equipo.



Este cartel simboliza a integración e o diáologo intercultural que hai na Mariña Lucense exemplar .No ano 2010 que a ONU declara como Ano do achegamento entre culturas deberían poñer de exemplo esta zona de Galicia.





19 de Decembro: Aprendemos a vivir xuntos.


Este primeiro dia adicaremolo a dar unhas nocions teoricas do que se vai a facer os diferentes dias do campamento para logo comezar cos obradoiros propiamente ditos.


Obradoiro de Restauración : No que contaremos coa presenza de Alfredo, a persoa que restaura desinteresadamente as maquetas de barcos que se exhiben no museo. Os rapaces coñeceran cales son as pautas, as ferramentas, e os criterios a seguir en todo o proceso de restauración dunha maqueta.

Os Sons do mar: Obradoiro que persegue a posta en valor da cultura sonora mariñeira. Aprenderan a identificar cales eran e son os sons que se poden ou podian escoitar nun porto mariñeiro. Un exercicio de arqueoloxía sonora que pretende recuperar o patrimonio sonoro da nosa cultura en perigo de extincion neste mundo de cultura visual no que vivimos.

Tirando do Fio: Xa pola tarde un clásico dentro do programa de actividades da Rede. Un encontro interxeneracional apto para toda a familia no que este ano falaremos dos faros, de naufraxios e dos piratas que pasaron pola mariña. Tamen contaremos cunha interpretación dunha parranda que os participantes adicaran os participantes do Tirando do Fio do resto de museos da Rede.

Pescador de Soños: Despois de Tirando do fio teremos a oportunidade de pechar as celebracións do 40 aniversario con este espectáculo multidisciplinar que engloba musica, teatro e danza.

Fotoespaña- Esta mostra poderá verse no Museo do Mar de San Ciprián dende o sábado día 5 de Decembro.

27 de noviembre de 2009 por Fernando Paez

ÁS PORTAS DE RINLO

En la comarca lucense denominada “a Mariña”, perdura un angosto puerto natural, con sabor primitivo y arcaico. Varado en las rocas de la desembocadura de un pequeño río que da nombre al lugar, se orienta al poniente al abrigo del nordeste y de las vagas de mar que suben río arriba.

Oculto y protegido por el desnivel del acantilado, el núcleo pasó desapercibido al viajero despistado que atravesaba la rasa costera por la carretera nacional paralela a la costa. Para encontrarlo era necesario conocer la cartografía antigua y desviarse cinco kilómetros hacia el mar.. Un laberinto cerrado de casas y callejones en el que a medida que nos vamos adentrando tenemos la sensación de desprendernos del presente y pasearnos con los ojos abiertos por la historia, como si el tiempo fuese un espacio o un pasado un lugar.

EL artista retrata a los vecinos en actitud estoica a las puertas de sus casas y en los límites del espacio transitado de los acantilados, capturando su ineludible y modesta existencia diaria. Las imágenes austeras, melancólicas y naturalistas son tanto un homenaje a las personas y a la naturaleza portentosa que los protege y los alimenta como una reflexión sobre la sencilla y heroica relación que el mundo tradicional es capaz de establecer con el medio que habita y construye.

Retratos directos e instintivos que hablan de naturaleza humana. Paisajes que nos ofrecen una visión especulativa, no estereotipada, del hecho vernáculo de “habitar y construir”. Mirando estas fotografías de Fernando Páez es fácil sentir la fuerza del paisaje vivo y creador que surge de de la vigorosa interacción de la mente, el cuerpo y el lugar y despertar el deseo de que perdure.

Esta serie de fotografías “Ás portas de Rinlo” forma parte de la iniciativa ciudadana “A favor de Rinlo BIC” que promueve la protección y declaración de Rinlo un Bien de Interés Cultural de Galicia.

Carlota Eiros

Dende o Blog do Museo do Mar queremos sumarnos a Blogocampaña contra a pornográfica infantil que se esta a desenrolar na Blogosfera.



Se queredes mais información ou apoiar esta inicativa mirade o blog de La Huella Digital: http://lahuelladigital.blogspot.com/2009/10/por-favor-no-nos-falles.html

Encarna:Ola Raquel estou feliz de verte por aiqui .Sei que te poñeras as pilas e nos axudaras no canle de youtube e no blog do Museo do Mar. Aida que medrarás sempre serás para min unha das miñas peques prefe dese museo.Son moitos anos agora xa non como peque pero podes axudarnos doutro xeito. Sariita q me vou celar jajaja wen eso d prefe...¬¬raqla nn teste ehh jaja qrt Encarna jajaja dixen unha das miñas nenas... . Todos ahí saben que empecei a querer ese museo do mar por culpa dunha(daquela neniña, a nosa sariña) que me fixo ver o mar.e a Mariña con outros ollos. De feito quen recolleu a testemuña? Pero Raquel ten que formar parte da nosa family do museo. Sariita jeje eu qdale tb empezei a qerer + o museo e alguen me enseñou q tb o podia ver d outra forma,sentilo meu,saber q forma parte d min, q nel sentiame agusto e qeria qe fose parte da miña vida ,asi como eu xe fixen ver a mariña cn outros ollos...ti enseñaxesme m8tas cousas q tal vez agora ,se nn fose x eso nn seria a mesma e nn pensaria igual,e x suposto q eu recollin a testemuña pro nn o fixen x "fardear" d ser se eu qn a recollera.. xq o sentia asi ,xq sentia q e o meu museo q seguro q no futuro agradecerei m8 sto ... xq algun dia eu levarei os meus fillos as actividades do museo e podei decir aqi estudio miña nai,meu pai, e aqi pasei eu m8 momentos inolvidables da miña vida e un orgullo poder decir esto... q talvez esto aqi escrito nn seña m8 pro creo q raql ta d acordo cnmigo q cando eramos enanas ali riamonos m8 e pasabmolo mu bn.. e raql tb forma parte do museo desd o dia q pisamos aql sitio,sitio q agora a min me e imposible deixar d pisar...xq xe debo m8 a ti ,a amelia e o museo xq eso nn o voi deixar..xq me penso facer grande e crecer co museo tal e como xe dixen.. q un dia fai algun tempo me dixes a gracias x estar 100pre nas actividades e nos actos...pos a gracias teñoxas q dar eu nn ti xq ti fas o teu traballo q cn el cnsegues m8tas cousas fermosas,arrincarlle un sonriso a un cativo,q pasa vraos inolvidables e q te voten d menos dia a dia... pa q depois nos qeiras qitar eso!!weno q gracias e listo =D Encarna jooooooooo non me fagas chorar andaa.qrt. weno pos aqi esta dixechesme q o publicara =D jejeje




Provincia Lusitana: ou Mediterránea, ou mediterráneo lusitana. Augas temperadas. Bastante rica en especies que coinciden case na súa maioría coas do apartado anterior. Dende a apertura do canal do Suez estase a producir un intercambio de especies co Mar Roxo (pertence a outra provincia).
Nome da cuncha:  Aviñeira, Concha de pelegrín
Clasificación xenérica:  Phylum Mollusca; Clase Bivalvia; Orden Ostreoida; Familia Pectinidae; Género y especie Pecten jacobaeus
Materia: Materia orgánica
Descripción: Cuncha de ata 13 cm de lonxitude, coa valva inferior aplanada ea superior convexa. Presentan costelas radiais, de sección rectangular e estrías de crecemento. Umbo terminal, con dúas orellas d mesmo tamaño. Cor da valva superior vermella ou parda, con manchas, e a inferior rosada.
Hábitat e ecoloxía: Fondos de area, grava, ou fango en augas profundas. Vive semienterrada no sustrato.
Distribución: Dende Noruega ata Portugal
Procedencia: Italia
Profundidade: 20 metros.
Uso: Comestible. Recipiente co que bebían os pelegríns.
Forma de ingreso:  Exposición temporal
Fonte de Ingreso:  David A. López Álvarez
Procedemento: Colección

Xa podedes visionar algún video sobre o 40 aniversario no canle de youtube do Museo. Ou se o preferides podedelos visionar dende o reproductor insertado aqui no blog. Iremos subindo mais a medida que os teñamos editados para que os que non asistiron os actos podan vivilos igualmente dende a particular retina dos nosos queridos nenos de videorede.

o link do noso canle e o siguiente:

http://www.youtube.com/user/museodomar

A PIRATA PENAMOURA
J. Daniel Buján Núñez

“A capitana Penamoura ideou un plan de ataque, e pensou intelixentemente que as mesmas saídas en busca de botín dos piratas do Manteigas ofrecían unha inmellorable oportunidade para desfacernos deles definitivamente.
O navío inimigo non estaba moi lonxe da terra, atracado a resgardo da mar aberta na ría da Portiña e recollido na pequena badía de Parallás onde botara as áncoras. Non tiña realmente moito que temer das pacíficas xentes do lugar, pero gardaban os seus tripulantes algunhas precaucións en razón do medo que tiñan a algún imprevisto ataque de Noa Penamoura. ¡E ben acertados que estaban ó temela, aínda que de pouco lles ía servir calquera prevención ante a nosa capitana”.
“Ninguén no barco se decatara do que estaba a pasar en terra. (...) pero sería o mesmo que non tivésemos todas estas avantaxes, pois no momento en que o asalto tiña lugar, o barco da Penamoura aparecía por un dos extremos da badía, quedaba á vista dos piratas do Manteigas, e convertíase na súa única preocupación e foco de interese.
A presencia do noso barco era en realidade un máis dos elementos da trampa que a capitana lles preparaba ós piratas, e non tiña outra función que a de atrae-la atención destes mentres a Penamoura neutralizaba o grupo de terra e intentaba atacalos pola “retaguardia”. Así que o Morriñoso, que así que tal se chamaba o noso barco, manobrou destramente finxindo impetuosas intencións de ataque, pero manténdose en realidade en todo momento fóra do alcance dos canóns inimigos. Disparou incluso un par de andanadas con tódolos canóns que daban a estribor, que, como era lóxico dada a distancia, caeron lonxe do barco do Manteigas, pero serviron para alarmar seriamente ós seus piratas, enganalos sobre a seriedade do falso ataque e amedrentalos o suficiente como para que non tivesen ollos nin atención máis que ó punto do horizonte no que se atopaba o temido barco da Penamoura”.

"Se virades entrar un veleiro na ría co velame despregado ó vento, os foques tensos no botalón de proa e a vela escandalosa alta no vento como unha bandeira, veriades a miña nenez a sorrir". (Antón Avilés de Taramancos)

O mar anda
O mar anda
que desanda,
anda que desaparece.
Quen ten amores
non durme;
quen non os ten
adormece.
(Popular galega - Uxía Senlle)

Martín Codax
Ondas do mar de Vigo

Ondas do mar de Vigo,
¿Se vistes meu amigo?
¿E-ai Deus- se verrá cedo?
ondas do mar levado,
¿Se vistes meu amado?
¿E-ai Deus- se verrá cedo?
¿Se vistes meu amigo
o por que eu sospiro?
¿E-ai Deus- se verrá cedo?
¿Se vistes meu amado
que me ten en coidado?
¿E-ai Deus- se verrá cedo?

Ay ondas que eu vin veer
Ay ondas que eu vin veer,
se me saberedes dizer
por que tarda meu amigo sen min.

Ay ondas que eu vin mirar,
se me saberedes contar
por que tarda meu amigo sen min.



Sedia-m'eu na ermida de San Simión - Meendinho

Sedia-m'eu na ermida de San Simión
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

E cercaron-mi as ondas, que grandes son:
non hei i barqueiro, nen remador.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

E cercaron-mi as ondas do alto mar:
non hei i barqueiro, nen sei remar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Non hei i barqueiro, nen remador:
morrerei eu fremosa no mar maior.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Non hei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei fremosa no alto mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

SE O VELLO SINBAD VOLVESE ÁS ILLAS
Álvaro Cunqueiro
“Sinbad matou o candil, meteuse no leito e busco unas memorias súas unha viaxe pra adormecer con ela, e gustaba de buscalas mui longas e detalladas, e non sabía deixar cabo solto desque salía á solaina súa faguendo visera coa man, por ver como se erguera o mar aquela mañanciña, e que vento o peiteaba, e por veces tiña que pararse, que non axeitaban no conto uns compañeiros ou unha despedida, ou de qué parte ancoraría a nao, ou un fardo estaba posto en cuberta que non deixaba pasar cómodo a proa, i estaba media hora terbellando naquel tropezo ou noutros, e cando o bulraba, entón a nao e máilo sono seu atopaban franca vía, e adormecía nun repente, quedadiño e roncador, e si soñaba, o que non acostumaba, rubíanlle os soños en verbas aos beizos, a pasearse. Si puidéramos vélas, de seguro que eran verbas de colores mui vestidas, escuma da memoria que Sinbad gastaba cada día, nova i eterna escuma do mar maior, esfarelada en doas relucintes polos ventos amigos que pasan cantando”. (pp. 65-66)

SE O VELLO SINBAD VOLVESE ÁS ILLAS
Álvaro Cunqueiro
“Sinbad meteu a man na auga, inclinándose sobor da borda, e salpicou as barbas súas, na que quedaron brillando unhas ledas gotiñas.
- ¿Tan fóra saímos, capitán?
- ¡Non, home, non! ¡Esta é unha lección!
O piloto abríu a caixa da agulla e medíu coarta e dous dedos no áer, e díxolle a Sari que levase proa posta a un muiño de vento que batía nun alto, nunha descampada entre cabos, e que quería ver si mudara a canle do golfo, para cando saíse coa nao, que habían de estar mirando dende o peirao, e si podía emporaría co terral da marea baixa, i estando el no mundo cun vaso cheo de limoada, non verquería nin gota ao pasála barra.
- O mar é unha vida, e como todo animal cambia de pasteiro e de folganzas, e ás vegadas parez que se rásquese enrabexao o lombo decontra as penas que hai no fundo, e outras agarda a man e rosma calado, igual que un lebreiro de Persia que fai a dixestión do bandullo dunha fermosa gacela, e parece que quer decir que lle gosta que o naveguen os terrenais.” (pp. 75-76)


AL INDUSTRIAL Y SU PATRON CIPRIANO PONTE

Escuchen señores
esta nueva historia,
que llevo en mi pensamiento,
cuando el “Industrial “
en el medio del mar,
lo ha cogido el mal tiempo.

Una mañana temprano
salimos a la mar,
entre Leixois y Viana
nos entró un vendaval,
entró flojito y claro
parecía cosa buena,
pero de allí a dos horas
nos hemos fijado
que se llevara las velas,
cargamos escandalosa
pitifoque y juanete,
pero en pocas horas
quedó velacho y trinquete,
y el barco corría con el viento a la vía
sin poderlo remediar,
el tiempo era mucho
no hay que dudar un momento
sin drizas ni velas
luchamos contra el mal tiempo,
era tanto el temporal
que de proa a popa
todo era un golpe de mar,
los tanques se desamarraron
sin poderlos contener
que ni siquiera ha quedado
agua para beber,
un chubasco que ha venido
fue nuestra salvación
con el agua que ha caído
llenamos un garrafón

Todo esto sucedió
alla por los carnavales
mientras la gente
contenta se divertía.
en los bailes

Aquí se deja el timón
por entrar en Gandía
un “viva” a nuestro patrón
por lo bien que nos dirigía.

El que quiera saber
quien ha hecho esta canción
ha sido un chico de Noya
muy pequeñito y bien hecho
y el que quiera saber mas
que vaya al “Industrial”
y salga para la mar.

A todos los marineros…..

O “INDUSTRIAL”
O “Industrial” foi un bergantín-goleta de grande porte destinado á cabotaxe, construído en madeira de xeito artesanal polos carpinteiros de ribeira dos estaleiros de La Linera de Castropol. A súa quilla foi posta un 8 de novembro de 1919 e foi botado o 18 de decembro de 1922. Foi considerado o mellor navío daqueles tempos, non en van o seu orzamento acadou 1.475.000 ptas. Os armadores do barco foron D. Máximo Fernández, D. José Pérez, D. Germán García e D. Domingo Martínez.
O bergantín tiña 38,40 m. de eslora, 8,68 de manga e 4,20 de puntal, cun desprazamento máximo de 500 toneladas. Arbolaba tres paus, o maior de ferro e o trinquete e mesana de caoba. Levaba sobre cuberta unha amplia cámara para o capitán e outra no centro usada como dependencias para a tripulación, para a cociña, etc. Debaixo da cuberta, a bodega ocupaba todo o espazo, destinado para a carga.
A súa botadura foi un grande acontecemento para tódolos pobos da ribeira do Eo. Os xornais da época narran cómo centos de persoas acudían ós estaleiros dúas horas antes para presenciar a botadura. Ata se suspenderon as clases nas escolas para que os profesores e alumnos puideran ir. Houbo orquestra e bombas de palenque, e ademais acudiron tódalas autoridades pertinentes. Os padriños do barco foron dous dos fillos dos armadores, Carmencita García, de 11 anos, e Melquiades Martínez. Despois de tan insigne acto, os armadores invitaron a pastas e champagne ás autoridades e ós distinguidos invitados.
Á hora da pleamar, sobre as 15:15 do 18 de decembro de 1922, o “Industrial” comezou a súa singradura, que duraría 27 anos, durante os cales foi moi castigado polos temporais, sufrindo múltiples avarías e transformacións na súa estructura.
Dentro da súa historia, destacou a viaxe que fixo a Cuba, para buscar un cargamento de azucre. As altas temperaturas do Caribe ocasionaron graves danos no barco, que tivo que volver ós estaleiros de La Linera para a súa reparación.
En 1939, o barco foi vendido a un veciño de Noia, D. Manuel Pérez García; e no 1946 pasou ás mans da compañía Cristóbal Colón de Madrid.
Foi dado de baixa o 15 de marzo de 1949. Segundo o seu diario de navegación, a súa última tripulación estivo composta case por enteiro por homes de San Cibrao: Antonio Ponte era o seu segundo patrón, sustituído á súa morte por Ramón Pérez, e o resto da tripulación foron Manuel Ponte “o Canteiro”, Marcelino “Chelito” Mosquera, Joaquín Rey, Carlos Gasset Cortes, sobriño do filósofo Ortega e Gasset; o pilotín, José Ponte, Marcelino López e Marcelino Ponte.
Nembargantes, para as xentes de San Cibrao a historia deste barco está unida á figura de Cipriano Ponte, recordado por todos como un dos máis grandes navegantes deste pobo. De feito, o cariño que a xente de aquí lle ten á maqueta do “Industrial” exposta no museo, débese en grande medida a que foi feita polo propio Cipriano Ponte.
Nunha viaxe a Cádiz para fornecerse de sal para San Cibrao, a Cipriano ofrecéronlle un bo traballo nas salinas dos Bombos da Carraca. Aceptou o emprego e na viaxe de volta foi seu irmán Antonio quen ocupou o posto de patrón. Fixeron porto en Vigo, e alí recibiu Antonio a visita da súa muller e do seu fillo, que tería un ano de idade. Facía temporal e ó ir tensar o cabo de amarre, soltouse a mancha do molinete de proa que lle deu na cabeza. Antonio morreu alí mesmo. Cipriano, cando coñeceu a noticia, voltou inmediatamente de Cádiz para facerse cargo do barco, posto que xa non abandonaría ata o remate da vida útil do “Industrial”.

09/10/2009 - J. R. / El Progreso (Lugo)



Promotores, donantes de piezas y los vecinos de San Cibrao protagonizan este fin de semana los actos conmemorativos del cuadragésimo aniversario de la constitución oficial del Museo Provincial do Mar. Fue el 11 de octubre de 1949 cuando se rubricó el acta fundacional que vinculaba la entidad a la Diputación de Lugo y convertía el proyecto impulsado por el maestro Francisco Rivera Casás y los alumnos de la escuela unitaria en el primer museo marítimo de Galicia de carácter público.



Las actividades previstas son la "culminación" de un intenso programa desarrollado durante el año, según explicó la directora del Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro. El diputado de Cultura, Antonio Veiga, resaltó el "arraigo" de la institución museística en la sociedad sancibrense y su intención de abrir las instalacións "aos escolares e ao mundo asociativo".


La gerente de la Rede de Museos de la Diputación, Encarna Lago, destacó la labor desplegada este año en el museo, tanto en el ámbito de la catalogación de piezas y la investigación, como mediante la organización de 24 actividades distintas, dirigidas principalmente a escolares. Lago invitó a participar en los actos al pueblo de San Cibrao y, de forma especial, a la gente que trabajó de forma directa en la gestión del Museo del Mar, como la asociación de vecinos ‘Cruz da Venta’.



El programa arranca este viernes, a las ocho de la tarde, con la apertura de una exposición de Bujados, con fondos del Museo Provincial de Lugo. También se proyectarán obras de artistas mariñanos en la fachada del edificio.


Los 34 niños de la escuela unitaria del curso 1969-70, que contribuyeron a la creación del museo, serán recibidos en el museo en la mañana del sábado. Allí participarán, junto a escolares, en la lectura de textos sobre el mar. También actuará la Big Band de Viveiro. A las ocho, el actor Avelino González escenificará la pieza ‘Vento mareiro’. El músico Antón Castro dará un concierto dirigido a los más pequeños el domingo por la mañana. Por la tarde habrá una actuación de Lino Pazos sobre la caza de ballenas y una actuación del ‘Clan Maragato’.

Con Motivo do 40 aniversario do Museo, es6tanse a publicar nos diferentes Xornais do Pai9s diferentes reseñas sobre as celebracions no Museo. Aqui vos deixamos o enlace a unha delas:

http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2009/10/12/0003_8031311.htm


Antonio Veiga, Deputado Delegado da Área de Cultura, Aurelia Balseiro, Directora do MPL e Encarna Lago, Xerente da Rede Museística, presentaron os actos conmemorativos do 40º Aniversario do Museo Provincial do Mar, de San Cibrao, en Cervo, creado pola Deputación de Lugo un 11 de outubro do ano 1969 e que van ter lugar os días 9, 10 e 11 de outubro.

Xa son 40 os anos que pasaron dende que aquel grupo de rapaces de San Cibrao guiados polo seu mestre e o amor polo seu entorno, foron configurando o que agora todos podedes disfrutar, o Museo Provincial do Mar.
Durante este tempo moita xente traballou incesantemente para que o primeiro museo sobre o mar de Galicia tivese exposicions itinerantes, incrementara os seus fondos e un programa de actividades didacticas que cada ano vai a mais. Pero sobre todo traballaron para que a esencia da sua creación, un museo creado polo pobo, non se perdera e poden estar satisfeitos xa que a dia de hoxe a maior parte de San Cibrao sinte ese museo como seu.
Por todo isto, e para celebrar estes 40 anos en activo, queremos invitarvos a unha serie de actos que se levaran a cabo no Museo entre os vindeiros dias 9 e 11. Aqui vos deixamos o programa completo para que o podades consultar e non vos esquezades, ¡o voso museo está de aniversario!.
Para descargar o programa facede click no enlace: http://www.sendspace.com/file/rqi2xz

Nº 7

Sábado, 26 de setembro de 2009. Revista oral de periodicidade semestral, editada polo Museo Provincial do Mar (da Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 19 horas. Lugar: Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo (Lugo). Deseño gráfico e animación dixital: tatata. Duración aprox.: 1,30 h. Coordina: Antonio Reigosa.

A voz dos carraos súmase aos parabéns ao Museo Provincial do Mar no seu 40º aniversario (11 de outubro de 1969-2009), e quere render homenaxe de agradecemento a todas as persoas que fixeron posible o seu nacemento, ás que o mantiveron e ás que traballan polo seu futuro.





SUMARIO



Portada musical

Tema: Aquí vin, aquí cheguei (Instrumento: corna-gaitela)

Intérprete: Xavier Blanco (3’)



Cos ollos dos nenos: Memoria vivida nos obradoiros de verán no Museo P. do Mar

Videorede: O pasado (8’)



Música

Tema: A subila e a baixala (Instrumento: cabaza)

Intérprete: Xavier Blanco (3’)



Poesía

A boca do rio, por Laura Branco (5’)



Música

Tema: O ai-Jota do Piñeiro (Instrumento: gaita de cana)

Intérprete: Xavier Blanco (3’)



Cos ollos dos nenos: Memoria vivida nos obradoiros de verán no Museo P. do Mar

Videorede: de onte a hoxe, por Paco Fra e Lucas (8’)



Música

Tema: Sete cuncas (Instrumento: caldeiro)

Intérprete: Xavier Blanco (3’)



Poesía

O novo dia abre-nos as costelas, por Laura Branco (5’)

Música

Tema: Esta noite vou de ronda (Instrumento: gaita grileira)

Intérprete: Xavier Blanco (3’)



Exposición

Ás portas de Rinlo, por Fernando F. Páez (10’)



Música

Tema: O rula (Instrumento: legón)

Intérprete: Xavier Blanco (3’)



Cos ollos dos nenos: Memoria vivida nos obradoiros de verán no Museo P. do Mar

Videorede: De hoxe en adiante (8’)



Música

Tema: O pote vello (Instrumento: vara de sabugueiro)

Intérprete: Xavier Blanco (3’)



Poesía

As baleias de Sandycove, por Laura Branco (5’)



Opinión

Intervención do público (3’)



Epílogo

Por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’)



Contraportada musical

Tema: A batalla de Rande (Instrumento: cunca-cadro de cordel)

Intérprete: Xavier Blanco (3’)



COLABORAN NESTE NÚMERO



Xavier Blanco

Naceu en Moaña (Pontevedra). É mestre gaiteiro e Técnico en Cultura Tradicional do concello de Moaña. Desenvolve e xenera a través da Escola-Obradoiro de instrumentos musicais galegos un valor social que garante a recuperación, mantemento e difusión das tradicións culturais e folclóricas de Galiza. Herdeiro da sabedoría da saga dos Soledás , a sú aprincipal fonte de inspiración son as persoas de máis idade, das que aprende ao tempo que toma a responsabilidade da difusión dos coeñcementos transmitidos polos seus devanceiros. Como mestre artesán constrúe e restaura instrumentos tradicionais galegos, aplicando antigas técnicas de construcción aprendcidas dos vellos. Ten recuperado desde un verniz ecolóxico (fabricado dunha maneira totalmente natural) até técnicas de mariñado de madeiras ou aproveitamento de madeiras frutais, coñecementos que aplica no proceso de construcción dos instrumentos. É autor de varias punblicacións e das gravacións “Instrumentos probres”, “A gaita de cana” e



Laura Branco

Naceu en Foz (Lugo) en 1984. Licenciada nas Filoloxías Portuguesa e Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, na actualidade realiza estudos de Doutoramento no programa Teoría da Literatura e Literatura Comparada. En 2006 entra a facer parte do grupo de investigación GALABRA (sobre os sistemas culturais galego, luso, brasileiro e africanos de língua portuguesa) desta universidade e, en cualidade de investigadora en formación, é membro do equipo que no seo deste grupo está a desenvolver un proxecto sobre o período histórico da Ilustración na Galiza, asunto central da súa tese. Esta faceta como investigadora combínase co hábito da escritura cuxa adquisición se remonta aos inicios da adolescencia, e ten algúns poemas publicados na revista Agália. Os poemas con que intervirá na presente entrega da revista A voz dos carraos fan parte do seu poemário inédito Doenças dum espelho.



Fernando F. Páez

Natural de Ribadeo, licenciado en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Valencia. Expuxo en diferentes galerías de Madrid, Londres, Salamanca, León, A Coruña e Ribadeo: Ás portas de Rinlo (2009); 6 Olladas (2008); Percorridos (2008); El placer de Leer (2005)”; Photography Portrait Price (2005); Portrait Nacional Gallery (2005). Foir ecoñecido con premios como “Accesit 18 Caminos de Hierro”. Renfe-Adif. Madrid (2004); 1º Premio Nacional de fotografía Caja España, León (2003); 1º Premio de Creación Fotográfica “VLuis Ksado”. Deputación de A Coruña (2002); PREMIO en Fotografía “Por la Vida”. Seguros Mafre Finisterre, Valencia (2001); Medalla de ouro, Austrian Hasselblad Supercircuit, Austria (2000) e 1º Premio de “Fotografía Matemática”, 9ª Xornadas JAEM (1999).



Videorede

Este verán desenvolveuse nos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo unha actividade con este nome, coa que se pretendía entre outras cousas pór en comunicación aos maiores, os que ateosuran o saber, cos máis novos, os que o han herdar para o futuro. Os museos, neste caso, foron os intermediarios que propiciaron este diálogo interxeneracional. Os resultados están na mirada e nas palabras dos nenos e nenas que participaron nos obradoiros e que van intervir nesta revista.

……

Xa vos comentamos que o vindeiro dia 26 na proxima edicion da "Voz dos Carraos" exhibiremos uns videos resume das actividades de este veran. Pero se queredes ter en exclusiva un avance dun destes videos so tedes que descargarlo neste link: http://www.sendspace.com/file/rybmoy Esperamos que vos guste e vos anime a asistir o pase integro do dia 26.

Parece que foi onte e xa leva 40 anos nas nosas vidas vida o Museo do Mar de San Ciprian. Para conmemoralo estamos a preparar un programa especial para o vindeiro mes de Outubro. Esperamos poder contar con todos vos para celebralo xuntos xa que vos sodes o valor mais importante deste museo. Iremos anunciando a programación deseñada a medida que a vaiamos coñecendo. Visitade asiduamente este blog e estaredes informados do programa, ou se non queredes perdervos as ultimas novas suscribidevos por email para seres os primeiros en coñecela. Para suscribirse so tedes que escribir o voso email na casilla que aparece no marxen dereito e darlle o boton que aparece debaixo. Inda que cando escribades non aparecera nada non vos preocupedes xa que por problemas tecnicos a tipografia sae en branco. Esperamos ter solucionado este problemilla en breve. Pero mentres non deixedes de suscribiros.

O vindeiro dia 26 teredes no Museo Provincial do Mar unha nova edicion da revista oral A Voz dos Carraos. Inda que a programación definitiva non esta deseñada por completo, a vos siareiros fieis do Museo via blog, imos adiantarvos algun dos temas que imos tratar nesta 7ª edición.

Cos ollos dos nenos: Memoria vivida dos obradoiros de verán no Museo P. do Mar Videorede: o pasado, por nenos San Cibrao… (8’) Cos ollos dos nenos: Memoria vivida dos obradoiros de verán no Museo P. do Mar Videorede: de onte a hoxe, por Paco Fra e Lucas (8’) Cos ollos dos nenos: Memoria vivida dos obradoiros de verán no Museo P. do Mar Videorede: qué sabemos do MPM, por Nenos de San Cibrao.. (8’)


Segunda entrega da colección de malacoloxía que estamos a difundir dende o noso blog:



Provincia Atlantoboreal: Augas menos frías que as anteriores. Os moluscos predominantes son: os da familia Mitilidae (comunmente chamados mellillóns); as familias Solenidae e Pharidae (navallas); Bivalvos con cunchas con surcos transversais (almexas), ou son surcos lonxitudinais (berberechos, vieiras)
Nome da cuncha: Aviñeira
Clasificación xenérica: Phylum Mollusca; Clase Bivalvia; Orden Ostreoida; Familia Pectinidae; Género y especie Pecten maximus
Materia: Materia orgánica
Descripción:
Hábitat e ecoloxía:
Distribución: Dende Noruega ata Portugal
Procedencia: Bretaña Francesa
Profundidade: 15 metros
Uso: Comestible, instrumento musical
Forma de ingreso: Exposición temporal
Fonte de Ingreso: David A. López Álvarez
Procedemento: Colección

Presentamos unha pequena sección que iremos actualizando frecuentemente na que colgaremos unha colección de malocoloxía poñendoa ao servicio de todo o mundo que lle poda ser útil: Provincia Ártica. Provincia Aleutiana. Formada polos fríos mares polares. En contra do que puidera parecer, non é especialmente escasa en moluscos, se ben é certo que as especies destes lugares non son tan chamativas e coloridas como as tropicais. Algúns autores consideran a provincia aleutiana como subprovincia da ártica. Nome da cuncha: Vieira islandica

Clasificación: Phylum Mollusca; Clase Bivalvia; Orden Ostreoida; Familia Pectinidae; Género y especie Chlamys islandica
Materia: Material orgánico
Descripción: A vieira islándica “Chlamys islandica (O.F.Miller) es un bivalvo ártico boreal. Pode chegar a ter un diámetro de 11 cm, pero comúnmente sólo mide uns poucos centímetros. Ten un gran número de crestas irradiando dende a marxe dorsal. A cor é xeneralmente marrón, vermello, rosa, laranxa. As dúas valvas son aproximadamente do mesmo tamaño e iguais.
Hábitat e ecoloxía: As vieiras viven en auga fría de entre 0 a 8 y 10 grados baixo cero na area grosa ou fondos arenosos máis finos, a una profundidade de 20 a 100 metros (Ekman 1953 Wiborg 1963)
Distribución: Circumpolar
Procedencia e profundidade: Noruega (Lofoten) a 20 metros.
Categoría: Común. Es la especie más abundante de las vieiras en el Atlántico sub-ártico y regiones Árticas (Ekman 1953, Wiborg 1963, Luka et al 1987).
Uso: Comestible
Forma de ingreso: Exposición temporal
Fonte de Ingreso: David A. López Álvarez
Procedemento: Colección

PRESENTAMOS O NOVO CANAL DO MUSEO EN YOUTUBE NO QUE COLGAREMOS POUCO A POUCO OS VIDEOS DA ACTIVIDADE VIDEOREDE. ESTE REPRODUCTOR QUEDARA DENDE AGORA COMA UNHA ENTRADA PERMANENTE NA CABECEIRA DO BLOG PARA QUE NON VOS PERDADES NINGUN VIDEO.

A partir de mañan e ata o proximo venres poderedes disfrutar da segunda quenda de Rumbo Norte no Museo do Mar. Xogaremos a ser constructores de barcos, brumetes… Descubriremos se as baleas comen ou engulen… Cinco días de achegamento ao mundo mariño.

Realizouse os dias 11 e 12 de agosto a actividade videorede no Museo Provincial do Mar. Unha actividade dirixida os rapaces de entre 8 e 14 anos e que ten como obxetivo espertar a creatividade dos nenosa proveitando o alto interese que mostran polas novas tecnoloxías da información.
Os nenos realizaron traballos audiovisuais mediante diferentes dispositivos de grabación coma telefonos mobiles, cámaras de fotos e cámaras devideo. Estes traballos teñen coma actriz principal a propia Rede Museística e tratan de vencellar aos nenos dos tres museos da rede mediante un dialogo activo e asincronico. Os nenos de cada museo estudan a suahistoria, mostran o seu presente, e analizan o seu fututro facendo participes do proceso os nenos do resto de museos da rede mediante o Canal Multimedia do Museo en youtube (http://www.youtube.com/user/museodomar).
Tamén se fomenta a idea de rede mediante a grabación de preguntas por parte de cada neno do Museo do Mar para os nenos de San Paio de Narla e do Pazo de Tor, e que xa se poden visionar no canal Multimedia do Museo. Os nenos de Narla e de Tor deberán grabar Videorespostas as inquedanzas dos do Mar o dia que fagan outro Obradoiro xa que eles xa realizaron o de Videorede.

Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    ARQUIVO

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License