Provincia Lusitana: ou Mediterránea, ou mediterráneo lusitana. Augas temperadas. Bastante rica en especies que coinciden case na súa maioría coas do apartado anterior. Dende a apertura do canal do Suez estase a producir un intercambio de especies co Mar Roxo (pertence a outra provincia).
Nome da cuncha:  Aviñeira, Concha de pelegrín
Clasificación xenérica:  Phylum Mollusca; Clase Bivalvia; Orden Ostreoida; Familia Pectinidae; Género y especie Pecten jacobaeus
Materia: Materia orgánica
Descripción: Cuncha de ata 13 cm de lonxitude, coa valva inferior aplanada ea superior convexa. Presentan costelas radiais, de sección rectangular e estrías de crecemento. Umbo terminal, con dúas orellas d mesmo tamaño. Cor da valva superior vermella ou parda, con manchas, e a inferior rosada.
Hábitat e ecoloxía: Fondos de area, grava, ou fango en augas profundas. Vive semienterrada no sustrato.
Distribución: Dende Noruega ata Portugal
Procedencia: Italia
Profundidade: 20 metros.
Uso: Comestible. Recipiente co que bebían os pelegríns.
Forma de ingreso:  Exposición temporal
Fonte de Ingreso:  David A. López Álvarez
Procedemento: Colección

Xa podedes visionar algún video sobre o 40 aniversario no canle de youtube do Museo. Ou se o preferides podedelos visionar dende o reproductor insertado aqui no blog. Iremos subindo mais a medida que os teñamos editados para que os que non asistiron os actos podan vivilos igualmente dende a particular retina dos nosos queridos nenos de videorede.

o link do noso canle e o siguiente:

http://www.youtube.com/user/museodomar

A PIRATA PENAMOURA
J. Daniel Buján Núñez

“A capitana Penamoura ideou un plan de ataque, e pensou intelixentemente que as mesmas saídas en busca de botín dos piratas do Manteigas ofrecían unha inmellorable oportunidade para desfacernos deles definitivamente.
O navío inimigo non estaba moi lonxe da terra, atracado a resgardo da mar aberta na ría da Portiña e recollido na pequena badía de Parallás onde botara as áncoras. Non tiña realmente moito que temer das pacíficas xentes do lugar, pero gardaban os seus tripulantes algunhas precaucións en razón do medo que tiñan a algún imprevisto ataque de Noa Penamoura. ¡E ben acertados que estaban ó temela, aínda que de pouco lles ía servir calquera prevención ante a nosa capitana”.
“Ninguén no barco se decatara do que estaba a pasar en terra. (...) pero sería o mesmo que non tivésemos todas estas avantaxes, pois no momento en que o asalto tiña lugar, o barco da Penamoura aparecía por un dos extremos da badía, quedaba á vista dos piratas do Manteigas, e convertíase na súa única preocupación e foco de interese.
A presencia do noso barco era en realidade un máis dos elementos da trampa que a capitana lles preparaba ós piratas, e non tiña outra función que a de atrae-la atención destes mentres a Penamoura neutralizaba o grupo de terra e intentaba atacalos pola “retaguardia”. Así que o Morriñoso, que así que tal se chamaba o noso barco, manobrou destramente finxindo impetuosas intencións de ataque, pero manténdose en realidade en todo momento fóra do alcance dos canóns inimigos. Disparou incluso un par de andanadas con tódolos canóns que daban a estribor, que, como era lóxico dada a distancia, caeron lonxe do barco do Manteigas, pero serviron para alarmar seriamente ós seus piratas, enganalos sobre a seriedade do falso ataque e amedrentalos o suficiente como para que non tivesen ollos nin atención máis que ó punto do horizonte no que se atopaba o temido barco da Penamoura”.

"Se virades entrar un veleiro na ría co velame despregado ó vento, os foques tensos no botalón de proa e a vela escandalosa alta no vento como unha bandeira, veriades a miña nenez a sorrir". (Antón Avilés de Taramancos)

O mar anda
O mar anda
que desanda,
anda que desaparece.
Quen ten amores
non durme;
quen non os ten
adormece.
(Popular galega - Uxía Senlle)

Martín Codax
Ondas do mar de Vigo

Ondas do mar de Vigo,
¿Se vistes meu amigo?
¿E-ai Deus- se verrá cedo?
ondas do mar levado,
¿Se vistes meu amado?
¿E-ai Deus- se verrá cedo?
¿Se vistes meu amigo
o por que eu sospiro?
¿E-ai Deus- se verrá cedo?
¿Se vistes meu amado
que me ten en coidado?
¿E-ai Deus- se verrá cedo?

Ay ondas que eu vin veer
Ay ondas que eu vin veer,
se me saberedes dizer
por que tarda meu amigo sen min.

Ay ondas que eu vin mirar,
se me saberedes contar
por que tarda meu amigo sen min.



Sedia-m'eu na ermida de San Simión - Meendinho

Sedia-m'eu na ermida de San Simión
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

E cercaron-mi as ondas, que grandes son:
non hei i barqueiro, nen remador.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

E cercaron-mi as ondas do alto mar:
non hei i barqueiro, nen sei remar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Non hei i barqueiro, nen remador:
morrerei eu fremosa no mar maior.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Non hei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei fremosa no alto mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

SE O VELLO SINBAD VOLVESE ÁS ILLAS
Álvaro Cunqueiro
“Sinbad matou o candil, meteuse no leito e busco unas memorias súas unha viaxe pra adormecer con ela, e gustaba de buscalas mui longas e detalladas, e non sabía deixar cabo solto desque salía á solaina súa faguendo visera coa man, por ver como se erguera o mar aquela mañanciña, e que vento o peiteaba, e por veces tiña que pararse, que non axeitaban no conto uns compañeiros ou unha despedida, ou de qué parte ancoraría a nao, ou un fardo estaba posto en cuberta que non deixaba pasar cómodo a proa, i estaba media hora terbellando naquel tropezo ou noutros, e cando o bulraba, entón a nao e máilo sono seu atopaban franca vía, e adormecía nun repente, quedadiño e roncador, e si soñaba, o que non acostumaba, rubíanlle os soños en verbas aos beizos, a pasearse. Si puidéramos vélas, de seguro que eran verbas de colores mui vestidas, escuma da memoria que Sinbad gastaba cada día, nova i eterna escuma do mar maior, esfarelada en doas relucintes polos ventos amigos que pasan cantando”. (pp. 65-66)

SE O VELLO SINBAD VOLVESE ÁS ILLAS
Álvaro Cunqueiro
“Sinbad meteu a man na auga, inclinándose sobor da borda, e salpicou as barbas súas, na que quedaron brillando unhas ledas gotiñas.
- ¿Tan fóra saímos, capitán?
- ¡Non, home, non! ¡Esta é unha lección!
O piloto abríu a caixa da agulla e medíu coarta e dous dedos no áer, e díxolle a Sari que levase proa posta a un muiño de vento que batía nun alto, nunha descampada entre cabos, e que quería ver si mudara a canle do golfo, para cando saíse coa nao, que habían de estar mirando dende o peirao, e si podía emporaría co terral da marea baixa, i estando el no mundo cun vaso cheo de limoada, non verquería nin gota ao pasála barra.
- O mar é unha vida, e como todo animal cambia de pasteiro e de folganzas, e ás vegadas parez que se rásquese enrabexao o lombo decontra as penas que hai no fundo, e outras agarda a man e rosma calado, igual que un lebreiro de Persia que fai a dixestión do bandullo dunha fermosa gacela, e parece que quer decir que lle gosta que o naveguen os terrenais.” (pp. 75-76)


AL INDUSTRIAL Y SU PATRON CIPRIANO PONTE

Escuchen señores
esta nueva historia,
que llevo en mi pensamiento,
cuando el “Industrial “
en el medio del mar,
lo ha cogido el mal tiempo.

Una mañana temprano
salimos a la mar,
entre Leixois y Viana
nos entró un vendaval,
entró flojito y claro
parecía cosa buena,
pero de allí a dos horas
nos hemos fijado
que se llevara las velas,
cargamos escandalosa
pitifoque y juanete,
pero en pocas horas
quedó velacho y trinquete,
y el barco corría con el viento a la vía
sin poderlo remediar,
el tiempo era mucho
no hay que dudar un momento
sin drizas ni velas
luchamos contra el mal tiempo,
era tanto el temporal
que de proa a popa
todo era un golpe de mar,
los tanques se desamarraron
sin poderlos contener
que ni siquiera ha quedado
agua para beber,
un chubasco que ha venido
fue nuestra salvación
con el agua que ha caído
llenamos un garrafón

Todo esto sucedió
alla por los carnavales
mientras la gente
contenta se divertía.
en los bailes

Aquí se deja el timón
por entrar en Gandía
un “viva” a nuestro patrón
por lo bien que nos dirigía.

El que quiera saber
quien ha hecho esta canción
ha sido un chico de Noya
muy pequeñito y bien hecho
y el que quiera saber mas
que vaya al “Industrial”
y salga para la mar.

A todos los marineros…..

O “INDUSTRIAL”
O “Industrial” foi un bergantín-goleta de grande porte destinado á cabotaxe, construído en madeira de xeito artesanal polos carpinteiros de ribeira dos estaleiros de La Linera de Castropol. A súa quilla foi posta un 8 de novembro de 1919 e foi botado o 18 de decembro de 1922. Foi considerado o mellor navío daqueles tempos, non en van o seu orzamento acadou 1.475.000 ptas. Os armadores do barco foron D. Máximo Fernández, D. José Pérez, D. Germán García e D. Domingo Martínez.
O bergantín tiña 38,40 m. de eslora, 8,68 de manga e 4,20 de puntal, cun desprazamento máximo de 500 toneladas. Arbolaba tres paus, o maior de ferro e o trinquete e mesana de caoba. Levaba sobre cuberta unha amplia cámara para o capitán e outra no centro usada como dependencias para a tripulación, para a cociña, etc. Debaixo da cuberta, a bodega ocupaba todo o espazo, destinado para a carga.
A súa botadura foi un grande acontecemento para tódolos pobos da ribeira do Eo. Os xornais da época narran cómo centos de persoas acudían ós estaleiros dúas horas antes para presenciar a botadura. Ata se suspenderon as clases nas escolas para que os profesores e alumnos puideran ir. Houbo orquestra e bombas de palenque, e ademais acudiron tódalas autoridades pertinentes. Os padriños do barco foron dous dos fillos dos armadores, Carmencita García, de 11 anos, e Melquiades Martínez. Despois de tan insigne acto, os armadores invitaron a pastas e champagne ás autoridades e ós distinguidos invitados.
Á hora da pleamar, sobre as 15:15 do 18 de decembro de 1922, o “Industrial” comezou a súa singradura, que duraría 27 anos, durante os cales foi moi castigado polos temporais, sufrindo múltiples avarías e transformacións na súa estructura.
Dentro da súa historia, destacou a viaxe que fixo a Cuba, para buscar un cargamento de azucre. As altas temperaturas do Caribe ocasionaron graves danos no barco, que tivo que volver ós estaleiros de La Linera para a súa reparación.
En 1939, o barco foi vendido a un veciño de Noia, D. Manuel Pérez García; e no 1946 pasou ás mans da compañía Cristóbal Colón de Madrid.
Foi dado de baixa o 15 de marzo de 1949. Segundo o seu diario de navegación, a súa última tripulación estivo composta case por enteiro por homes de San Cibrao: Antonio Ponte era o seu segundo patrón, sustituído á súa morte por Ramón Pérez, e o resto da tripulación foron Manuel Ponte “o Canteiro”, Marcelino “Chelito” Mosquera, Joaquín Rey, Carlos Gasset Cortes, sobriño do filósofo Ortega e Gasset; o pilotín, José Ponte, Marcelino López e Marcelino Ponte.
Nembargantes, para as xentes de San Cibrao a historia deste barco está unida á figura de Cipriano Ponte, recordado por todos como un dos máis grandes navegantes deste pobo. De feito, o cariño que a xente de aquí lle ten á maqueta do “Industrial” exposta no museo, débese en grande medida a que foi feita polo propio Cipriano Ponte.
Nunha viaxe a Cádiz para fornecerse de sal para San Cibrao, a Cipriano ofrecéronlle un bo traballo nas salinas dos Bombos da Carraca. Aceptou o emprego e na viaxe de volta foi seu irmán Antonio quen ocupou o posto de patrón. Fixeron porto en Vigo, e alí recibiu Antonio a visita da súa muller e do seu fillo, que tería un ano de idade. Facía temporal e ó ir tensar o cabo de amarre, soltouse a mancha do molinete de proa que lle deu na cabeza. Antonio morreu alí mesmo. Cipriano, cando coñeceu a noticia, voltou inmediatamente de Cádiz para facerse cargo do barco, posto que xa non abandonaría ata o remate da vida útil do “Industrial”.

09/10/2009 - J. R. / El Progreso (Lugo)



Promotores, donantes de piezas y los vecinos de San Cibrao protagonizan este fin de semana los actos conmemorativos del cuadragésimo aniversario de la constitución oficial del Museo Provincial do Mar. Fue el 11 de octubre de 1949 cuando se rubricó el acta fundacional que vinculaba la entidad a la Diputación de Lugo y convertía el proyecto impulsado por el maestro Francisco Rivera Casás y los alumnos de la escuela unitaria en el primer museo marítimo de Galicia de carácter público.



Las actividades previstas son la "culminación" de un intenso programa desarrollado durante el año, según explicó la directora del Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro. El diputado de Cultura, Antonio Veiga, resaltó el "arraigo" de la institución museística en la sociedad sancibrense y su intención de abrir las instalacións "aos escolares e ao mundo asociativo".


La gerente de la Rede de Museos de la Diputación, Encarna Lago, destacó la labor desplegada este año en el museo, tanto en el ámbito de la catalogación de piezas y la investigación, como mediante la organización de 24 actividades distintas, dirigidas principalmente a escolares. Lago invitó a participar en los actos al pueblo de San Cibrao y, de forma especial, a la gente que trabajó de forma directa en la gestión del Museo del Mar, como la asociación de vecinos ‘Cruz da Venta’.



El programa arranca este viernes, a las ocho de la tarde, con la apertura de una exposición de Bujados, con fondos del Museo Provincial de Lugo. También se proyectarán obras de artistas mariñanos en la fachada del edificio.


Los 34 niños de la escuela unitaria del curso 1969-70, que contribuyeron a la creación del museo, serán recibidos en el museo en la mañana del sábado. Allí participarán, junto a escolares, en la lectura de textos sobre el mar. También actuará la Big Band de Viveiro. A las ocho, el actor Avelino González escenificará la pieza ‘Vento mareiro’. El músico Antón Castro dará un concierto dirigido a los más pequeños el domingo por la mañana. Por la tarde habrá una actuación de Lino Pazos sobre la caza de ballenas y una actuación del ‘Clan Maragato’.

Con Motivo do 40 aniversario do Museo, es6tanse a publicar nos diferentes Xornais do Pai9s diferentes reseñas sobre as celebracions no Museo. Aqui vos deixamos o enlace a unha delas:

http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2009/10/12/0003_8031311.htm


Antonio Veiga, Deputado Delegado da Área de Cultura, Aurelia Balseiro, Directora do MPL e Encarna Lago, Xerente da Rede Museística, presentaron os actos conmemorativos do 40º Aniversario do Museo Provincial do Mar, de San Cibrao, en Cervo, creado pola Deputación de Lugo un 11 de outubro do ano 1969 e que van ter lugar os días 9, 10 e 11 de outubro.

Xa son 40 os anos que pasaron dende que aquel grupo de rapaces de San Cibrao guiados polo seu mestre e o amor polo seu entorno, foron configurando o que agora todos podedes disfrutar, o Museo Provincial do Mar.
Durante este tempo moita xente traballou incesantemente para que o primeiro museo sobre o mar de Galicia tivese exposicions itinerantes, incrementara os seus fondos e un programa de actividades didacticas que cada ano vai a mais. Pero sobre todo traballaron para que a esencia da sua creación, un museo creado polo pobo, non se perdera e poden estar satisfeitos xa que a dia de hoxe a maior parte de San Cibrao sinte ese museo como seu.
Por todo isto, e para celebrar estes 40 anos en activo, queremos invitarvos a unha serie de actos que se levaran a cabo no Museo entre os vindeiros dias 9 e 11. Aqui vos deixamos o programa completo para que o podades consultar e non vos esquezades, ¡o voso museo está de aniversario!.
Para descargar o programa facede click no enlace: http://www.sendspace.com/file/rqi2xz

Insignia identificativa de Facebook

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado
    Se ha producido un error en este gadget.

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License