Bo Nadal e felices festas a todos os que seguides o noso Blog.

Aqui tedes a autorización para poder colgar en internet os resultados audiovisuais dos campamentos de Nadal. Para descargalo so tedes que pinchar no enlace e logo darlle a descargar (Download). Tamén podedes pasar a recollelo no propio museo. ¡Felices Festas!



http://www.ceida.org/files/publicacions/amares_novembro_0.pdf
Adxuntamos  eventos novedades bolsas e axudas vencelladas o Mundo do Mar.

ACTOS NO MUSEO PROVINCIAL DO MAR, SAN CIBRAO (CERVO)
Sábado, 12 de decembro de 2009
18.00 horas
INAUGURACIÓN da Exposición “Ás portas de Rinlo”, de Fernando Páez (Adxúntase invitación)
Coa intervención de Fernando PáezCarlota Eiros e  Antonio Veiga, Deputado delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo

19.00 horas
POLAFÍA organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) co patrocinio da Área de Cultura, Vicepresidencia primeira, da Deputación de Lugo.
Coas intervencións de Antón Castro (música), Xoán NeiraPaco RivasIsidro NovoVicente MíguezCapitán PinoAntonia MonSr. ClaraRamón Rivas e… os presentes que queiran intervir. Este acto será gravado e logo editado e publicado na web da AELG.

Este sáabdo, Polafía no Museo do Mar de San Cibrao
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo organiza unha polafía (polavila, fía, fiada, fiandón, serán,...) no Museo Provincial do Mar de San Cibrao o sábado, 12 de decembro, ás 19:00 horas. Intervirán, entre outros, Antón Castro, Isidro Novo, Xoán Neira, Paco Rivas e veciñase veciños da Mariña de Lugo coas súas historias salgadas. Este proxecto conta coa colaboración da Asociación MariñaPatrimonio. Entrada libre, ata completar aforo.

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Lugo, 9 de decembro de 2009

Saúdos
Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística
Museo Provincial de Lugo / Deputación Provincial de Lugo

Contacto:
tfn.: 982 24 21 12 / fax: 982 24 02 40/ info@museolugo.org
http://www.museolugo.org/

¡Tócao todo!
Cada neno levará pegada unha imaxe dun animal mariño. O xogo consiste en que un dos monitores dirá o nome dun deses animais deste xeito: ¡Toca mexilón!. Nese intre, tódolos rapaces deben tocar, o más rápido posible, ó compañeiro que leve pegada a imaxe dese animal. Así ata que saian todos.


¡Todos a bordo!
Xógase en grupos de 4 ou 5 nenos, uns agarrados ás costas dos outros e cos ollos pechados menos o último que conduce. Cada grupo é un barco que parte co destino que os rapaces queiran elexir
O capitán que dirixe o barco, ten un sistema de ordes que debe empregar:
ü  Un golpe nas costas, o barco navega recto cara adiante: “Avante toda”.
ü  Dos golpes nas costas, o barco bota a áncora e fondea.
ü  Tres golpes nas costas, o barco navega marcha atrás: “Atrás toda”.
ü  Un golpe no ombreiro dereito, o barco vira a estribor.
ü  Un golpe no ombreiro esquerdo, o barco vira a babor.


Cando o capitán berra ¡CAMBIO!, toda a tripulación se separa e intentan formar un novo barco con compañeiros doutros grupos.

Soga-tira
Consiste en tirar da corda co teu equipo mentres outro equipo tira desde o lado contrario. Unha raia marcada na area separa ós dous equipos e cada un deles ten que intentar que o outro equipo a pise.



Carreiras con vasos de auga
Fanse dous equipos. Na liña de saída hai unha cubeta baleira no outro extremo unha chea de auga. O primeiro neno corre cun vaso baleiro ata a cubeta chea, éncheo de agua e volve para botala na cubeta baleira. Logo dalle o vaso ó segundo membro do seu equipo, e así sucesivamente, por quendas, ata conseguir encher a cubeta do equipo.



Este cartel simboliza a integración e o diáologo intercultural que hai na Mariña Lucense exemplar .No ano 2010 que a ONU declara como Ano do achegamento entre culturas deberían poñer de exemplo esta zona de Galicia.





19 de Decembro: Aprendemos a vivir xuntos.


Este primeiro dia adicaremolo a dar unhas nocions teoricas do que se vai a facer os diferentes dias do campamento para logo comezar cos obradoiros propiamente ditos.


Obradoiro de Restauración : No que contaremos coa presenza de Alfredo, a persoa que restaura desinteresadamente as maquetas de barcos que se exhiben no museo. Os rapaces coñeceran cales son as pautas, as ferramentas, e os criterios a seguir en todo o proceso de restauración dunha maqueta.

Os Sons do mar: Obradoiro que persegue a posta en valor da cultura sonora mariñeira. Aprenderan a identificar cales eran e son os sons que se poden ou podian escoitar nun porto mariñeiro. Un exercicio de arqueoloxía sonora que pretende recuperar o patrimonio sonoro da nosa cultura en perigo de extincion neste mundo de cultura visual no que vivimos.

Tirando do Fio: Xa pola tarde un clásico dentro do programa de actividades da Rede. Un encontro interxeneracional apto para toda a familia no que este ano falaremos dos faros, de naufraxios e dos piratas que pasaron pola mariña. Tamen contaremos cunha interpretación dunha parranda que os participantes adicaran os participantes do Tirando do Fio do resto de museos da Rede.

Pescador de Soños: Despois de Tirando do fio teremos a oportunidade de pechar as celebracións do 40 aniversario con este espectáculo multidisciplinar que engloba musica, teatro e danza.

Fotoespaña- Esta mostra poderá verse no Museo do Mar de San Ciprián dende o sábado día 5 de Decembro.

27 de noviembre de 2009 por Fernando Paez

ÁS PORTAS DE RINLO

En la comarca lucense denominada “a Mariña”, perdura un angosto puerto natural, con sabor primitivo y arcaico. Varado en las rocas de la desembocadura de un pequeño río que da nombre al lugar, se orienta al poniente al abrigo del nordeste y de las vagas de mar que suben río arriba.

Oculto y protegido por el desnivel del acantilado, el núcleo pasó desapercibido al viajero despistado que atravesaba la rasa costera por la carretera nacional paralela a la costa. Para encontrarlo era necesario conocer la cartografía antigua y desviarse cinco kilómetros hacia el mar.. Un laberinto cerrado de casas y callejones en el que a medida que nos vamos adentrando tenemos la sensación de desprendernos del presente y pasearnos con los ojos abiertos por la historia, como si el tiempo fuese un espacio o un pasado un lugar.

EL artista retrata a los vecinos en actitud estoica a las puertas de sus casas y en los límites del espacio transitado de los acantilados, capturando su ineludible y modesta existencia diaria. Las imágenes austeras, melancólicas y naturalistas son tanto un homenaje a las personas y a la naturaleza portentosa que los protege y los alimenta como una reflexión sobre la sencilla y heroica relación que el mundo tradicional es capaz de establecer con el medio que habita y construye.

Retratos directos e instintivos que hablan de naturaleza humana. Paisajes que nos ofrecen una visión especulativa, no estereotipada, del hecho vernáculo de “habitar y construir”. Mirando estas fotografías de Fernando Páez es fácil sentir la fuerza del paisaje vivo y creador que surge de de la vigorosa interacción de la mente, el cuerpo y el lugar y despertar el deseo de que perdure.

Esta serie de fotografías “Ás portas de Rinlo” forma parte de la iniciativa ciudadana “A favor de Rinlo BIC” que promueve la protección y declaración de Rinlo un Bien de Interés Cultural de Galicia.

Carlota Eiros

Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    ARQUIVO

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License