19 de Decembro: Aprendemos a vivir xuntos.


Este primeiro dia adicaremolo a dar unhas nocions teoricas do que se vai a facer os diferentes dias do campamento para logo comezar cos obradoiros propiamente ditos.


Obradoiro de Restauración : No que contaremos coa presenza de Alfredo, a persoa que restaura desinteresadamente as maquetas de barcos que se exhiben no museo. Os rapaces coñeceran cales son as pautas, as ferramentas, e os criterios a seguir en todo o proceso de restauración dunha maqueta.

Os Sons do mar: Obradoiro que persegue a posta en valor da cultura sonora mariñeira. Aprenderan a identificar cales eran e son os sons que se poden ou podian escoitar nun porto mariñeiro. Un exercicio de arqueoloxía sonora que pretende recuperar o patrimonio sonoro da nosa cultura en perigo de extincion neste mundo de cultura visual no que vivimos.

Tirando do Fio: Xa pola tarde un clásico dentro do programa de actividades da Rede. Un encontro interxeneracional apto para toda a familia no que este ano falaremos dos faros, de naufraxios e dos piratas que pasaron pola mariña. Tamen contaremos cunha interpretación dunha parranda que os participantes adicaran os participantes do Tirando do Fio do resto de museos da Rede.

Pescador de Soños: Despois de Tirando do fio teremos a oportunidade de pechar as celebracións do 40 aniversario con este espectáculo multidisciplinar que engloba musica, teatro e danza.



26 de decembro: REDES DE HISTORIAS; Obradoiro Literario e de Ilustración.
Romances, lendas, parrandas, paixoliñas, cantos de cegos. Aprenderemos que son e porque se cantaban. E baseandose nos nenos fundadores, nos benefactores, e nas persoas que se agochan detras de cada peza do museo, os rapaces construiran a sua propia. Despois de recoller as historias adaptaranas e ilustraranas.

E pola Tarde teremos: VIDEOREDE II; Embaixadores e informantes do seu entorno

Videorede e unha actividade que se creou só para os obradoiros de Veran da Rede. Pero a medida que se comezou a traballar co proxecto demonos conta da infinidade de posibilidades que podia ofrecer se a convertiamos nun proxecto a largo prazo. E por iso que decidimos continuar con ela e seguir nutrindo os diferentes canais creados para a actividade na rede. Nesta edición centraremos o Obradoiro en:

o Coñecer as ferramentas necesarias para a creación de archivos sonoros e visuais e para a sua posterior publicacion na rede.

o Participar na creación de contidos para os diferentes canais abertos no museo.

o Coñecer, utilizar e transformar os diferentes tipos de formatos sonoros e audiovisuais.

o Podcasting: Coñecelos, producilos e insrtalos nos diferentes canais do Museo.


28 de decembro: Aprendemos a Ser... Difundindo o Patrimonio

Durante o desenrolo do curso, como resultado dos coñecementos adquirios realizarán un programa de radio. Servirá para a reflexión e a creacion de contidos patrimoniais propios(patrimonio que recibimos, patrimonio que transmitimos).O programa será colgado en internet e poderá ser escoitado polo público en xeral mediante o sistema de poscast.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Insignia identificativa de Facebook

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    ARQUIVO

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado
    Se ha producido un error en este gadget.

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License