¡Tócao todo!
Cada neno levará pegada unha imaxe dun animal mariño. O xogo consiste en que un dos monitores dirá o nome dun deses animais deste xeito: ¡Toca mexilón!. Nese intre, tódolos rapaces deben tocar, o más rápido posible, ó compañeiro que leve pegada a imaxe dese animal. Así ata que saian todos.


¡Todos a bordo!
Xógase en grupos de 4 ou 5 nenos, uns agarrados ás costas dos outros e cos ollos pechados menos o último que conduce. Cada grupo é un barco que parte co destino que os rapaces queiran elexir
O capitán que dirixe o barco, ten un sistema de ordes que debe empregar:
ü  Un golpe nas costas, o barco navega recto cara adiante: “Avante toda”.
ü  Dos golpes nas costas, o barco bota a áncora e fondea.
ü  Tres golpes nas costas, o barco navega marcha atrás: “Atrás toda”.
ü  Un golpe no ombreiro dereito, o barco vira a estribor.
ü  Un golpe no ombreiro esquerdo, o barco vira a babor.


Cando o capitán berra ¡CAMBIO!, toda a tripulación se separa e intentan formar un novo barco con compañeiros doutros grupos.

Soga-tira
Consiste en tirar da corda co teu equipo mentres outro equipo tira desde o lado contrario. Unha raia marcada na area separa ós dous equipos e cada un deles ten que intentar que o outro equipo a pise.



Carreiras con vasos de auga
Fanse dous equipos. Na liña de saída hai unha cubeta baleira no outro extremo unha chea de auga. O primeiro neno corre cun vaso baleiro ata a cubeta chea, éncheo de agua e volve para botala na cubeta baleira. Logo dalle o vaso ó segundo membro do seu equipo, e así sucesivamente, por quendas, ata conseguir encher a cubeta do equipo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Insignia identificativa de Facebook

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    ARQUIVO

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado
    Se ha producido un error en este gadget.

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License