Programa de actividades para o verán 2010 no Museo Provincial do Mar

No programa de actividades que puxemos en práctica o pasado ano (verán 2009), quixemos introducir ós rapaces no día a día do mundo do mar e dos seus oficios, fabricar con eles unha nova lente que lles aportase unha forma diferente de mirar e de comprender a realidade do entorno co que interactúan a diario, pero para o que non posuían os suficientes coñecementos para interpretalo. Neste senso, a proposta para o verán 2010 pretende asentarse nos mesmos obxectivos de diversión e aprendizaxe, interación co medio e de recuperación e difusión da memoria histórica e dos saberes tradicionais. O prazo de matrícula comeza o venres, 25 de xuño, a partir das 11 h. e queda aberto ata cubrir as prazas previstas para cada obradoiro por rigorosa orde de inscrición. + Consulte o programa completo>>

As actividades na Rede Museística configuranse como un nexo de unión ou complementación un espazo para compartir. Defendemos que o museo pode axudar a construción da identidade e o desenvolvemento da comunidade, favorecendo as relacións de cooperación, así como a colaboración intercultural. No programa colaborativo deseñado dende a Xerencia da Rede presentamos un conxunto de obradoiros elaborados baixo os siguintes principios: SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de obter satisfación persoal ao realizar algo feito por cada un mesmo. PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a creatividade individual e colectiva. COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo. DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia. Así faremos webs, blogs ... DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral. COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian novas capacidades cognitivas: - Aprender a coñecer - Aprender a ser - Aprender a vivir xuntos - Aprender a facer EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar. Os museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo tentan ano a ano satisfacer a demanda de todas aquelas persoas, especialmente dos máis pequenos, que queren aproveitar o período vacacional para acrecentar os seus coñecementos e experiencias tendo como referentes a arte, a historia e a cultura. O papel do museo como un servizo cultura a comunidade , como un lugar aberto a diversas disciplinas artísticas, como un espazo de construción de experiencias. Dende a Rede non podemos imaxinar un museo illado do contexto que o rodea. Baixo o título Museos espazos para compartir, Verán 2010 organizamos tres campamentos con multiples obradoiros nos Museos Fortaleza San Paio de Narla , Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar. O deseño das actividades xira en torno a tres bloques temáticos: Compartir disciplinas: Arte, ciencia e natureza Compartir culturas: Proxectos de comunidade Compartir en Internet: Proxectos de redes sociais _________ PROGRAMA do MUSEO PROVINCIAL DO MAR CAMPAMENTO RUMBO NORTE IV -2010 No programa de actividades que puxemos en práctica o pasado ano (verán 2009), quixemos introducir ós rapaces no día a día do mundo do mar e dos seus oficios, fabricar con eles unha nova lente que lles aportase unha forma diferente de mirar e de comprender a realidade do entorno co que interactúan a diario, pero para o que non posuían os suficientes coñecementos para interpretalo. Neste senso, a proposta para o verán 2010 pretende asentarse nos mesmos obxectivos de diversión e aprendizaxe, interación co medio e de recuperación e difusión da memoria histórica e dos saberes tradicionais. Para acadar todos estes fins non so faremos partícipes ós nenos, senón que procuraremos a comunicación interxeneracional, estenderemos as nosas redes a pais, nais, avós... Así pois, acodiremos novamente á rica tradición oral coa que contan tódalas sociedades mariñeiras, como é San Cibrao, donde as historias e as lendas do mar se transmiten de pais a fillos sen interrupción. A idade dos nenos comprende un abano moi amplo, dos 4 ós 16 anos. Esta circunstancia unida á diversa procedencia dos participantes, requirirá que lle prestemos unha especial atención ó fomento de valores como o respecto pola diferencia, a responsabilidade para o coidado dos mais pequenos, o mantemento do material, a cooperación e as dinámicas de grupo, etc. O programa de actividades dividirase en dous campamentos, un no mes de xullo e outro no mes de agosto. A temática deste ano seguirá un derroteiro máis histórico e tamén seguindo incidindo na educación en valores. Así pois, as actividades fundamentaranse principalmente en estas liñas argumentais: BLOQUE I: A navegación na Idade Moderna (ss. XV-XVI) BLOQUE II: As artes de pesca para un medio mariño sostible. BLOQUE III: As novas tecnoloxías e o mar. BLOQUE IV: Contame ti conta conmigo: obradoiros de transmisión de saberes. Re-trato te retrato e tecendo experiencias. Dentro do primeiro bloque, queremos destacar a importancia que tiveron os séculos XV e XVI para o despegue definitivo da construción naval e, por ende, da navegación. Utilizaremos o tema dos piratas e corsarios, tan atractivo para os rapaces a través de filmes coma “Piratas do Caribe”, para acercarlles un pedazo de historia que derrubou mitos, abriu mentes e descubriu mundos, e que significou o primeiro fenómeno de globalización coñecido, fundamentado sen discusión algunha, na arte de navegar: nova ciencia e grandes barcos a vela. As liñas argumentais deste ámbito serán: 1- Descrición do proceso constructivo dun barco de vela na Idade Moderna e principais partes do navío. 2- ¿Por qué flotan os barcos?: o Principio de Arquímedes aplicado á construción naval. 3- Recreación da vida a bordo: a tripulación e as súas tarefas. Xogos de rol. 4- A navegación astronómica: seguimos o camiño das estrelas. Obradoiro de orientación e construcción de instrumentos de navegación. Dentro do segundo dos bloques, desenvolveremos actividades que intentarán explicarlles ós rapaces o efecto nocivo que ten a sobrepesca ou o emprego de artes “depredadoras”, como os aparellos de arrastre, para a sostibilidade do medio mariño a medio e longo prazo. Tomaremos como exemplo de arte selectiva o curricán, empregado polos boniteiros de Burela. Aproveitando este tema, volveremos a realizar unha das actividades estrela da pasada temporada, a captura de cangrexos con zarandas, como unha forma práctica de usar un aparello respectuoso co medio. Para finalizar a experiencia, tamén repetiremos a preparación do chicharro lañado, tanto como unha forma de recuperación da tradición, a salgazón como medio de conservación do peixe. Tódalas actividades que de seguido vamos relatar, quedarán debidamente rexistradas polos nenos, que cubrirán como xornalistas as súas propias experiencias no contexto da actividade VIDEO REDE, iniciada a campaña pasada con moito éxito tanto polo que atinxe ós protagonistas como ós seguidores das nosas andanzas polas canles que a Rede Museística ten habilitadas en Youtube ou nas redes socias da internet. Este seguimento mediático farémolo extensible ó programa de radio de carácter mensual que os rapaces están a producir desde o pasado verán. Pretendemos tamén axudar a estreitar lazos entre distintas xeracións familiares como un medio de xuntar ó redor dunha mesa a todos os que facemos museo e renovar así os nosos votos de compromiso co futuro da institución. Idades : 4 a 16 anos Horario : 11 a 13,30 h. en xullo en agosto os días 9, 10, 11 de 17 a 19,30 h. Prazas: 20 Datas:5, 6, 7, 8, 9 e 10 xullo Agosto: 9, 10, 11, 12, 13 e 14 agosto OBRADOIROS INCLUIDOS NO CAMPAMENTO RUMBO NORTE IV: Bloque 1: Mestres: Encarna Lago e Silvia Fiallega 1- AS PARTES DUN BARCO : O GALEÓN 2- TRIPULACIÓN A BORDO 3- O BARCO PIRATA 4- ¡A ABORDAXE! 5- O MAPA DO TESOURO 6- EUREKA : O PRINCIPIO DE ARQUIMEDES: PQ FLOTAN OS BARCOS, 7- COMO FUNCIONA UN SUBMARINO 8- OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN: A NAVEGACIÓN ASTRONÓMICA 9- A ROSA DOS VENTOS: OS PUNTOS CARDINAIS E ORIENTACIÓN 10- OBRADOIRO DE FABRICACIÓN DE COMPAS 11- OBRADOIRO DE FABRICACIÓN DUN ASTROLABIO OU SEXTANTE 12- CONSTRUCCION DUNHA AMPOLLETA (RELOXO DE AREA) Bloque 2: Mestres: Encarna Lago e Silvia Fiallega 13- OBRADOIROS DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL EN TORNO O MEDIO MARIÑO (ARTES DE PESCA) 14- TRAGAPEIXES 15- REDES DE DERIVA 16- PESCA SUBMARINA 17- NESTE PORTO HAI LUME? Bloque 3: Mestres: Encarna Lago, Pilar García, Amelia Pernas e Ruth Nuñez 18- OBRADOIRO DE TRANSMISIÓN DE SABERES DENDE A MIRADA DA EXPERIENCIA: INICIACION A CESTERIA 19- RE-TRATO TE RETRATO: OBRADOIRO PARA AVOS E NETOS XOGOS ROMANOS DE TABOLEIROS Mestres: MONITORES DA ASOCIACIÓN CULTURAL “CAETRA LUCENSIUM MM X” Datas :9, 10 e 11 de AGOSTO Horario: de 17 a 20 h. Prazas: 15 Participantes Obxetivos: Estimular a curiosidade polo patrimonio histórico e cultural de Lucus Augusti e promover de modo lúdico competencias ligadas ás áreas das matemáticas e da historia. CAMPAMENTO DE ARQUEOLOXÍA Mestres: Enrique Alcorta Irastorza, Arqueólogo. Datas: 30, 31 de xullo e 1 de agosto Lucía Dequidt Lagares, Departamento de Didáctica Idades: De 6 a 9 anos Horario: De 11:30 a 13:30 h. Prazas: 15 participantes EXPOSICIÓNS EXPOSICIÓN CENTENARIO LUIS SEOANE: Pezas cedidas coleccionista privado Salvador Coroto CINE E MAR: AS SETE DA TARDE TEREMOS PROXECIÓNS TODOLOS DÍAS DO VERÁN AGAS OS DOMINGOS.CEDIDAS POLO CGAI. Atlántico espinoso (Juan Lesta, 2002 ) Batea (Xosé Vilaboy, 1999 ) O Camiño das estrelas (Chano Piñeiro, 1993 ) Good night mon ami (Tomás Conde, Virginia Curiá, 2002) Xinetes na tormenta (Ricardo Llovo, 2001) Algas (Kike Porteiro e David González, 2000) Batea fundida (Manuel Uhía, 1993) Costa da morte (Xosé Cuincedo, 1991) Os faros da vida (Antonio Vales, 2002) Os faros da vida II (Juan Carlos Rodríguez Sanchez, 2003) Illa Coelleira (Mateo Meléndez, 1994) Illas Sisargas (Daniel Dominguez, 1993) Illas Sisargas, illas da vida (Juan Carlos Rodríguez Sanchez, 2003) O latexo das nosas rías (2003) Os oficios do mar de galicia (Juan Carlos Rodríguez Sanchez, 2003) Percebeiros (Paco Cuesta, 1999) Recuperación dos animais varados en Galicia (Jose Ramón Vilas, 2000) Surf a primeira onda (Sonia Barros, 2002) Terra de naufragos (Jorge Algora, 2002) Talleres Alonarti. Sociedad La Artística (José Gil, 1928) __________Información e inscricións: Museo Provincial do Mar Avenida da Mariña s/n San Cibrao 27890 Cervo (Lugo) Tfno.: 982 594 572 / museodomar@museolugo.org

Enlaces de interese: 1299_PROGRAMA_VERÁN_2010_MMar.pdf

MUSEO PROVINCIAL DO MAR: Este verán, ciclo de cine e mar

O Museo Provincial do Mar de San cibrao, Cervo, coa colaboración do CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) vai proxectar desde o día 1 de xullo e durante todos os días deste verán 2010 (agás domingos e luns), sempre ás 19 horas, filmes e documentais relacionados co mundo do mar. Consulte aquí os títulos que se van proxectar:

Atlántico espinoso (Juan Lesta, 2002 ) Batea (Xosé Vilaboy, 1999 ) O Camiño das estrelas (Chano Piñeiro, 1993 ) Good night mon ami (Tomás Conde, Virginia Curiá, 2002) Xinetes na tormenta (Ricardo Llovo, 2001) Algas (Kike Porteiro e David González, 2000) Batea fundida (Manuel Uhía, 1993) Costa da morte (Xosé Cuincedo, 1991) Os faros da vida (Antonio Vales, 2002) Os faros da vida II (Juan Carlos Rodríguez Sanchez, 2003) Illa Coelleira (Mateo Meléndez, 1994) Illas Sisargas (Daniel Dominguez, 1993) Illas Sisargas, illas da vida (Juan Carlos Rodríguez Sanchez, 2003) O latexo das nosas rías (2003) Os oficios do mar de galicia (Juan Carlos Rodríguez Sanchez, 2003) Percebeiros (Paco Cuesta, 1999) Recuperación dos animais varados en Galicia (Jose Ramón Vilas, 2000) Surf a primeira onda (Sonia Barros, 2002) Terra de naufragos (Jorge Algora, 2002) Talleres Alonarti. Sociedad La Artística (José Gil, 1928) __________ Horario de verán (de xuño a setembro) Martes a sábado: Mañás de 11:00 a14:00 / Tardes de 17:00 a 20:00 Domingos e festivos: Mañás de 11:00 a 14:00 Luns pechado Entrada gratuíta Contacto e información: Museo Provincial do Mar Avenida da Mariña s/n San Cibrao 27890 Cervo (Lugo) Tfno.: 982 594 572 / museodomar@museolugo.org

Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License