Mañá, día 6, as 12 da mañá  dará comezo no Museo Provincial do Mar de San Cibrao o primeiro obradoiro de Arte e Parte: Ó desafío de Voar coas Propias Ás. Este obradoiro encontrase dentro da programación especial para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2011. O obradoiro sera impartido por Adriana Pazos Ottón, Directora da Aula de ideas, e Encarna Lago, Xerente da Rede. O obradoiro repetirase en todos os museos da rede nas seguintes datas:
  • Día 8  de decembro, no Museo San Paio de Narla, Friol.
  • Día 9 de decembro, no Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos.
  • Día 17 de decembro,  no Museo Provincial de Lugo.
Compartimos con vós o concepto e a metodoloxía que seguirá este obradoiro:
Se algo caracteriza á arte é a súa capacidade de anular barreiras e fronteiras do tipo que sexan. A creatividade e a sensibilidade teñen carácter universal e converten á arte en vía de comunicación e socialización máis aló de calquera diferenza. Con este obradoiro pretendemos crear un espazo no que se contemple a posibilidade de integrar plenamente a diversidade en todos os seus ámbitos.
Porque a creatividade é unha capacidade inherente a todo individuo. Estas xornadas tamén teñen un carácter reivindicativo. Preténdese concienciar sobre as capacidades e posibilidades creativas das persoas con diversidade funcional.
Dáseme ben contar o que vexo e escoito. Pinto moi mal cos pinceis, pero pintar con palabras dáseme mellor”. Carmen Soria: escritora, autora do libro “Manifiesto Saltamontes”. Residente no Centro de Atención a Persoas Discapacitadas (CAMF) de Leganés.
Todos expresámonos a diario sen pensar se somos ou non capaces de facelo, pois faremos désta capacidade universal un momento para a distensión e a experimentación propondo diferentes desafíos onde cada individuo poderá achegar a súa propia capacidade creativa nun obradoiro para ver, sentir, escoitar, expresar e compartir.
O obradoiro concíbese de forma multivectorial, xerando diferentes estímulos de participación.
1. Presentación: Daremos comezo á actividade cunha presentación na que se incide e invita a descubrir de qué forma cada un dos seres humanos son creativos nalgún modo. Na actualidade recoñécese que a creatividade non está restrinxida unicamente a seres excepcionais, e atópase como un potencial en cada persoa sen excepción.
2. Nunha segunda instancia exponse dúas dinámicas paralelas:
  • Monotipia: Unha experiencia plástica utilizando a técnica da Monotipia: variedade de impresión única; só sae unha boa reprodución de cada lámina. O artista debuxa sobre calquera superficie lisa, utilizando óleo, acuarela, ou tinta. Créase a imaxe pintándoa sinxelamente sobre a superficie da lámina. A continuación aplícase o papel sobre a lámina e a imaxe quedará transferida, fregando o dorso do papel. A técnica dános un resultado de “mancha libre” susceptible de ser interpretada. Cada un dos participantes creará unha impresión plástica.

  • Imaxes, palabra e emoción: Visionado dunha presentación de contidos multimedia en relación co tema da diversidade funcional e a capacidade artística. Os vídeos presentados servirán de movilizador de emocións e vehículo dunha dinámica na que pretendemos xérense palabras, verbalizadas e escritas, en relación ás impresións que nos causan as imaxes e o traballo dos compañeiros artistas que realizan a parte plástica.
3. Conclusión: A experiencia compartida dará como resultado unha ruta de voo, a expresión do noso voo individual, un transcurso de tempo vivenciado na arte, que quedará plasmado na suma cualitativa de cada unha das obras plásticas e emocións, escritas, impresas e ganduxadas nunha única traxectoria de voo: A creatividade compartida dunha arte sen barreiras.

Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License