MARZO 2012
AS OUTRAS REDES

Obradoiro complemento da mostra A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 4.0, e dentro dos actos organizados polas Áreas deCultura e Turismo e Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, con motivo do Día da Muller Traballadora.

Museo Provincial do Mar, San Cibrao (Cervo-Lugo). As mulleres do mar: as outras redes (30 de marzo, de 18:00 a 20:00 h.).

A Muller dentro dun mar-co líquido e a necesidade de capturar a vida a través do vínculo co mar representado por as redes tecidas por elas mesmas:
As Penélopes do mar.
A vida da Muller do mar que se adapta ao medio ata onde se lle “foi” permitido, é un condicionante dentro do propio desenvolvemento persoal do que se pode sacar partido dun xeito esencial, non como circunstancia restrictiva se non como todo o contrario: trampolín definido dende o que saltar e mergullarse na propia marea de aspectos femininos, arquetipos e potencial creativo da propia condición de Muller do mar.
Os aspectos máis profundos da esencia feminina pódense expresar a través das ferramentas do pensamento creativo e aplicalas á importancia dunha vida definida por unha profesión, neste caso a de REDEIRAS.
- A importancia, valoración e autovaloración da profesión de redeiras.
- A viaxe á profundidade da alma nun acto de laboura contemplativa.
- A vontade de remendar, arranxar, coidar, lustrar e tecer unha “Arte”.
- A relación dos arquetipos femininos e o mar.


Ana Costas, Arterapeuta y Artista plástica.

AS OUTRAS REDES
Módulo I
• Reflexións sobre o recoñecemento social da figura da muller.


MóduloII
• Obradoiro en Acción: Obradoiro de Creatividade aplicada a profesiones de mulleres do mar, habilidade manual adquirida e a súa aplicación en outras posibilidades creativas.

PROXECTO PRÁCTICO DESEÑADO POR ANA COSTAS
EXECUCIÓN A CARGO DE ANA COSTAS E ADRIANA PAZOS







0 comentarios:

Publicar un comentario

Insignia identificativa de Facebook

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    ARQUIVO

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado
    Se ha producido un error en este gadget.

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License