Venres, 17 de maio de 2013 (Día das Letras Galegas) 
Xornada de homenaxe ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, autor ao que se dedica este ano 2013 o Día das Letras Galegas.

Photocall
Durante toda a semana que vai do 14 ao 19 de maio, tendo como fondo un modesto escenario, quen o desexe poderá caracterizarse co chapeu e o nariz de pallaso (que identifica a R. Vidal Bolaño) e fotografarse cun cartelón coa palabra en galego que máis lle guste.
Estas imaxes iranse subindo ás redes sociais da Rede Museística para que, quen o desexe, coas palabras escollidas elabore textos literarios no período comprendido entre o 20 e o 31 de maio.
(>> BASES para participar).

De 12:00 a 13:30 h.- Expresión e artes da palabra na música popular galega
Obradoiro de expresividade oral, dramática e musical que desde diversas manifestacións da música popular galega nos permite explorar a dimensión creativa e comunicativa da palabra. Coordina: Pepa Yáñez Anllo.

Lipdup da Rede Museística
A continuación gravaremos un lipdub, ou dobraxe de labios, un vídeo musical nun só plano-secuencia no que van participar moitas persoas dobrando en play-back o tema Logo chega o día do grupo Lamatumbá. O produto final será difundido a través das redes sociais. Colaboran na gravación os equipos técnicos de campUSCulturae da USC. Coordina:Begoña Rodríguez Cacharrón.

Concerto das Letras 
19:00 h.- Cantares Gallegos . Textos de Rosalía de Castro musicados
Sábado, 18 de maio de 2013 (Día Internacional dos Museos e Noite Europea dos Museos) 
18:00 h.- Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial.

Concerto da Noite dos Museos
20:30 h.- Jotinhho’s
(+ info).
Domingo, 19 de maio de 2013
Vén, Mira … é Tempo de Creatividade
De 12:00 a 13:30 h. , para nenos/as de 4 a 14 anos
Obradoiros creativos, tendo sempre como fondo e referencia as coleccións dos nosos museos. Coñecer e experimentar, dialogar … 
(+ info sobre os obradoiros).

16:00 h. - Representación dobre da obra Animaliños (de Roberto Vidal Bolaño) a cargo do grupo de teatro escolar doC.E.I.P. A Gándara, de Monforte de Lemos, e dun grupo de actores adultos.
EXPOSICIÓNS
Obxectos para comunicar
Exposición de obxectos escollidos entre os fondos deste museo e que tiveron no seu momento histórico unha función asociado á comunicación entre os seres humanos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Insignia identificativa de Facebook

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    ARQUIVO

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado
    Se ha producido un error en este gadget.

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License