Anticipándonos ó día 14 de Febreiro, no Museo do Mar preparamos as nosas tarxetas para desexar un FELIZ FAUNO! a todos.
Neste obradoiro, os nenos do Clube Pequeamigos, descubriron que as Lupercalias romanas son a orixe do día de San Valentín, e pensaron bonitas dedicatorias para agasallar ás súas persoas amadas con estas caixiñas tarxeta que tamén decoraron con moito amor, e nas que gardaron orixináis imans mariñeiros.
Nos, dende o Museo, tamén queremos felicitarvos neste día, recordándovos que so coa vosa participación e as vosas visitas temos sentido.