O domingo 18 de Maio, no Museo Provincial do Mar, celebramos por todo o alto o Día Internacional dos Museos.
O noso Clube Pequeamigos achegouse á cultura arxentina co obradoiro Mulleres daquí e dacolá, homenaxeamos coa entrega dunha orla a aqueles nenos que en 1969 xunto co profesor Don Francisco Rivera Casás fixeron posible o nacemento deste Museo, e coa animación de Lusco e Fusco festexamos con toda a nosa comunidade a labor de gardián da memoria do pobo de San Cibrao, e de contedor, difusor e colaborador da vida cultural da comarca da Mariña que trata de facer o Museo.
Moitas grazas a todos por colaborar nas nosas iniciativas e por deixarnos participar nas vosas, por facernos medrar e deixarnos medrar con vos, por ser o motor da nosa vida e por permitirnos ser parte da vosa.
0 comentarios:
Publicar un comentario