O Principiño, Os cinco, Dumbo, as aventuras de Zoe, GeronimoStilton, Diario de Grec, Asterix, .., ademáis do poema Penélope de Xosé María Díaz Castro, foron algunas das lecturas que compartimos os membros do Clube Pequeamigos do Museo do Mar este sábado 10 de maio, co motivo da celebración do Día das Letras Galegas o próximo 17 de maio.
Ademáis aprendimos a elaborar unha pequena ficha dos libros que imos lendo, co título, nome do autor e do ilustrador (que xa sabemos que son o que escribe e o que fai os debuxos respectivamente), e cos nomes das persoaxes, deste xeito seranos máis doado ter presentes e ordeadas as nosas lecturas.
Para rematar o obradoiro, creamos marcapáxinas para non perder nunca o fío do que estamos a ler, pero fixemos tantos que ha de haber para facer un regaliño.
0 comentarios:
Publicar un comentario