O Museo é un espazo que debemos desfrutar con todos os sentidos, e eso foi o que fixeron os Pequeamigos o sábado, cando se adicaron a buscar polas salas do museo cal era a peza que emitía cada un dos sonidos que ían soando.
As baleas e os golfiños, as sereas dos barcos e a serra do carpinteiro foron recoñecidos ó momento, pero as tartarugas ou os remos, custaron bastante máis.
Logo decidimos que unha campá era unha peza moi sonora e alá foi que nos puxemos a facela nosa.
Coma sempre unha xornada instructiva, divertida e de colaboración entre
todos.
Moitas grazas e ata a próxima que será moi prontiño.