No Museo do Mar quixemos lembrar a suposta tradición Celta arraigada na Mariña de celebrar o Samaín, e como non tiñamos nabos para valeirar e esculpir, fixemos cunchas fantasmas.
Para rematar fixemos unhas cascudas de galletas e uns dedos ensanguentados. Festa completa.



















Esta mostra fotográfica promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade conta co patrocinio da área de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, e é o resultado dunha viaxe a Cabo Verde en outubro de 2013 por parte do fotógrafo Roberto Amado. O acto inaugural, ao que asistíu o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, tivo lugar o xoves 23 de Outubro no Museo Provincial do Mar e contou coa actuación do grupo de mulleres caboverdianas residentes en Burela Batuko Tabanka, que encheu de sons e bailes a salas do noso Museo.




















O Museo Provincial do Mar de San Cibrao custodia a mellor colección de ósos de balea de Galicia
Dous investigadores do CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) aseguran que a colección de ósos de balea do Museo Provincial do Mar de San Cibrao é a mellor galega.
Traballan no Proxecto Galicia no lombo da balea, financiado polo Grupo de Acción Costeira GAC-7 Ría de Vigo- A Guarda, que pretende coñecer documentos e mostras históricas, os portos baleeiros galegos e realizar estudos xenéticos para coñecer os grandes cetáceos da historia de Galicia.








Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License