O día 29 de Novembro, foi unha xornada completa no Museo do Mar, unha xornada na que se fixo realidade a nosa máxima da Rede Museística Provincial de Lugo “museos de todos e todas e para todos e todas, museos dentro fora”.

Nese día as actividades estaban dirixidas a toda clase de públicos, grandes e pequenos, expertos en temas mariños, amantes da música ou da poesía, da narrativa e das historias contadas polos seus protagonistas, actividades no propio museo, pero tamén saímos co museo ó muelle e as rúas de san Cibrao.

Comenzámola mañá cunha limpeza submariña o muelle de San Cibrao, na que participaron os Pequeamig@s da Rede recollendo lixo nas praias, convertindo un mar cheo de refugallos nun mar cheo de peixes e cangrexos, algas e anémonas, nun mar limpo e cheo de vida, e tamén se encargaron de limpar e voltar ó mar aquelas especies que ían no lixo que os mergulladores do CEMMA quitaron do mar.

Despóis de xantar, os máis novos adicámonos a percorrer o pobo na procura do seu pasado castrexo, a súa relación coa industria da salazón a visita ó faro e a carpintería de ribeira.

Mentras tanto, os maiores voltaron para o Museo e desenrolaron unha serie de charlas e debates sobor do impacto da contaminación no medio mariño.

Pero a cousa aínda non ía rematar, a partir das sete da tarde celebrouse unha interesantísima e fermosísima revista oral “A voz dos carraos”, na que Xurxo Souto se ocupou da parte musical, Herminia Pernas e Jacobo Casal da narrativa e a poesía respectivamente e Santiago Ribera, Emilio Fernández, Francisco Gómes Semedo e Balbino García de contar as súas propias experiencias no mar coa sabiduría daqueles que saben do que falan.

Como vedes a xornada foi realmente completa, e o que agardamos é que veñan moitas máis distas.






































0 comentarios:

Publicar un comentario

Insignia identificativa de Facebook

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado
    Se ha producido un error en este gadget.

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License