Ó longo dos días 2 e 3 de Xuño, a totalidade do alumnado do C.E.I.P. de Cervo nº 1, participaron nunha actividade na que colaboraron o GAC1
A Mariña Ortegal e o Museo Provincial do Mar, dentro da campaña "Come o mar".
Nenos e nenas de 1º a 6º de primaria, descubriron da man do cociñeiro Miguel Mosteiro a importancia de comer san, de incluir peixe das nosas costas na dieta, de ser creativos e imaxinativos á hora de cociñar, e sobre todo, do ricos que están tanto o peixe fresco como as conservas.
Lástima non ser nen@ para que nos tocase unha desas barquiñas de casco de pataca e vela de lirio fritido.
0 comentarios:
Publicar un comentario