Que maravilla deixar encherse as salas do Museo do Mar coa poesía e a música de Paco Rivas e Lino Rico.

O acordeón de Lino foi impregnando o aire de notas musicáis, e a voz de Paco tróuxonos o son das ondas do mar coa súa poesía.

Esta era unha das actividades complementarias á exposición das sereas de Otero Regal, e a próxima será o 1 de Agosto, onde o prestixoso ceramista, que tamén é un magnífico orador, disertará sobre estes misteriosos seres.

Buscade un oco, que oír a Regal meréceo.








Na cova de Xan Belo, na illa da Sombriza, habita dende tempos inmemoriáis a serea Maruxaina, que nos días de tormenta toca o corno para avisar ós mariñeiros de que non saian ó mar, ou quizáis para atraelos ás perigosas rochas dos Farillóns e facer así que as enrabiadas augas os engulan a eles e ás súas embarcacións.

E por iso, que nas noites do segundo sábado de Agosto, os veciños de San Cibrao, alporizados uns pola maldade da serea, e convencidos outros da bondade da mesma, acuden á búsqueda deste fantástico ser para levala ata a Praia do Torno, onde se procederá a sometela a un xuizo popular no que se decidirá se vence a xenerosidade ou a maldade desta muller peixe.

A confluencia nunha mesma persoaxe do yin e o yan, do ben e o mal, da bondade e da crueldade, e o feito de que esa persoaxe sexa feminina e que habite nas augas, non e única da nosa cultura, moitas outras gardan na súa mitoloxía seres semellantes, e o ceramista Otero Regal, invítanos a facer unha viaxe por esas tan diversas mitoloxías na procura das súas sereas.

O resultado son 25 fermosísimas pezas que teredes o privilexio de visitar no Museo Provincial do Mar dende o 17 de Xullo ata o 31 de Agosto.

Se tedes ocasión non vola perdades, e ata se tedes que facer un esforciño por vir, temos o pleno convencemento de que se verá recompensado.

Aquí no Museo do Mar vos agardan estas 25 pezas e outra serie de actividades complementarias como relatorios de destacadas persoaxes da cultura da Mariña que disertarán sobre diferentes aspectos do mito das sereas.

Non volo perdades.















Sabíades que a Ciencia tamén pode ser divertida?
Que digo divertida, divertidísima.
Con Teresa e os seus experimentos, fritimos un ovo en alcohol, inflamos un globo con bicarbonato e vinagre,..., obtivemos o noso carnet de científicos e quedamos emplazados o próximo 11 de Agosto para seguer aprendendo e divertíndonos.

Pero como esto non para, o que segue é unha de piratas para a semana que ven.

Xa vos manteremos informados


3, 2, 1, LEVAMOS ÁNCORAS!!!!!

A travesía veraniega do Club Pequeamig@s do Museo do Mar que constará este ano de 16 singladuras comenzou o venres 13 de Xullo co obradoiro Arte en equipo, impartido por Diana e David, e no que os participantes aprenderon a traballar en equipo, a colaborar, a porse na pel do artista, a sentir a música., a cor, ..

Coma sempre pasárono de maravilla e, sobor de todo, foi unha xornada moi productiva.

Próxima singladura, día 14 de Xullo, coa ciencia as voltas, pero xa veredes coma os resultados son tamén fantásticos.


Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License