Na cova de Xan Belo, na illa da Sombriza, habita dende tempos inmemoriáis a serea Maruxaina, que nos días de tormenta toca o corno para avisar ós mariñeiros de que non saian ó mar, ou quizáis para atraelos ás perigosas rochas dos Farillóns e facer así que as enrabiadas augas os engulan a eles e ás súas embarcacións.

E por iso, que nas noites do segundo sábado de Agosto, os veciños de San Cibrao, alporizados uns pola maldade da serea, e convencidos outros da bondade da mesma, acuden á búsqueda deste fantástico ser para levala ata a Praia do Torno, onde se procederá a sometela a un xuizo popular no que se decidirá se vence a xenerosidade ou a maldade desta muller peixe.

A confluencia nunha mesma persoaxe do yin e o yan, do ben e o mal, da bondade e da crueldade, e o feito de que esa persoaxe sexa feminina e que habite nas augas, non e única da nosa cultura, moitas outras gardan na súa mitoloxía seres semellantes, e o ceramista Otero Regal, invítanos a facer unha viaxe por esas tan diversas mitoloxías na procura das súas sereas.

O resultado son 25 fermosísimas pezas que teredes o privilexio de visitar no Museo Provincial do Mar dende o 17 de Xullo ata o 31 de Agosto.

Se tedes ocasión non vola perdades, e ata se tedes que facer un esforciño por vir, temos o pleno convencemento de que se verá recompensado.

Aquí no Museo do Mar vos agardan estas 25 pezas e outra serie de actividades complementarias como relatorios de destacadas persoaxes da cultura da Mariña que disertarán sobre diferentes aspectos do mito das sereas.

Non volo perdades.















0 comentarios:

Publicar un comentario

Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License