Que maravilla deixar encherse as salas do Museo do Mar coa poesía e a música de Paco Rivas e Lino Rico.
O acordeón de Lino foi impregnando o aire de notas musicáis, e a voz de Paco tróuxonos o son das ondas do mar coa súa poesía.
Esta era unha das actividades complementarias á exposición das sereas de Otero Regal, e a próxima será o 1 de Agosto, onde o prestixoso ceramista, que tamén é un magnífico orador, disertará sobre estes misteriosos seres.
Buscade un oco, que oír a Regal meréceo.
0 comentarios:
Publicar un comentario