No pasado sábado 29 de Agosto tivemos unha nova conferencia sobre o apaixonante mundo das sereas que nos ocupou nestes meses do estío. Nesta ocasión, o Cronista Oficial de Viveiro achegounos unha visión sobre o mundo mítico das ninfas do mar centrado nos exemplos que podemos atopar nestas terras de Britonia da costa de Lugo, coñecidas como "A Mariña" ou "Terras de Viveiro". Unha amena charla que se prolongou durante mais dun par de horas sobre esta interesante temática.











A serea como mito ten unha fonda ambivalencia entre mito popular e símbolo da cultura artística, xa for nas suas formas literarias, plásticas ou doutro tipo. As sereas habitan mutuamente ambos mundos, sendo unha figura popular que goza de grande prédica entre os ambientes refinados da alta cultura. Xa na propia Odisea homérica estes seres mitológicos configúranse como unha construcción simbólica de prestixio. A nosa Maruxaina que lle da sentido á exposición na que se enmarca esta conferencia é un ser que vive nos corazóns da xente do común pero ao tempo forma parte dunha grande familia universal con expresións en numerosos escenarios cultos de recoñecida referencialidade. Lorenzo Gonzalez, catedrático de Artes Plásticas en Salamanca; achegou ao noso museo esta outra vertente do universo simbólico que humildemente representamos con este conferencia de "Sereas, musas da arte" no pasado Sábado 22 de Agosto.












No pasado venres 21 de Agosto tivemos no Museo Provincial do Mar un novo relatorio dentro do ciclo paralelo á exposición "A Maruxaina e outras sereas". Neste ocasión, o médico e escritor Pablo Mosquera presentou unha conferencia titulada "Sereas e faros" relacionando o atrainte e necesario mundo dos fachos costeiros con a mítica e fabulosa dimensión das sereas costeiras. Acaso non son mundos complementares o luz e o bruido das bucinas con o cantar lexendario destas ninfas oceánicas?















Nesta ocasión, @s nos@s pequeamig@s exploraron o papel e o espazo que as mulleres teñen ocupado tradicional e historicamente na nosa cultura xunto con as actividades que desempeñaban e como vivían en relación aos homes. Os museos tamen gardan obxectos e pezas que transmiten a memoria da vida das mulleres ao longo da historia. Isto permite reflexionar sobre os roles de xénero tradicionais. Asi, desta volta de forma activa e creativa o noso obradoiro repensou as nosas propias imaxes persoais.





As fotografías gardan a memoria visual dun tempo. Non dunha forma obxetiva e pura senon unha visión personal e histórica do momento. O noso museo ten unha amplia e interesante colección de fotografías que nos lembran a memoria de lugar e de tempo daquelas historias que pretendemos contar. A fotografía retrata a memoria para inmortalizala.
Os nosos nenos e nenas tamén foron participes desta actividade sensorial que permite recoller instantes e prolongalos no tempo, inmóbiles. Así, fotografiaron a memoria, selecionando aquilo mais atraente para eles do noso lugar de memoria. Un exercio doble, abofé.











O xoves 13 de Agosto o Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo) acolleou a conferencia "As sereas, habitantes da Galiza: do mar de Arousa ao porto do Sancibrao, unha viaxe pola literatura e a arte" a cargo de Xulio Pardo de Neyra.

Xulio Pardo de Neyra é profesor Titular da Universidade da Coruña na Faculdade de Ciencias da Educación, sendo Doutor en Filoloxia Galega pola Universidade de Santiago de Compostela ao tempo que Doutor en Historia Contemporánea pola mesma Universidade e Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e Literatura pola Universidade de València, sendo a única persoa que conta con tres Doutramentos e tres Teses de Doutoramento no Estado Español. Desde moi novo colaborou coa prensa escrita lucense, publicando o seu primeiro libro aos dezanove anos. Actualmente ten publicados unha trintena de ensaios centrados no estudo da literatura galega medieval, da do Barroco e da contemporánea, na introdución do vangardismo nas letras galegas, na literatura infantil, no republicanismo. Foi director da revista A literatura galega na Escola e participou en numerosos congresos e simposios, tanto nacionais como internacionais e, así mesmo, ten organizado varias xornadas.

O Museo Provincial do Mar organizou este acto seguindo a liña temática desenvolvida nas últimas semanas sobre a presencia das sereas na cultura galega, aproveitando a celebración da Maruxaina e en paralelo á exposición "A Maruxaina e outras sereas" que conta con esculturas de Otero Regal e textos de Pablo Mosquera e Pablo Rivas.













Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    ARQUIVO

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License