Diferenciar piratas, de corsarios e de bucaneros, descubrir que tamén houbo mulleres pirata, como Mary Read o Anny Bone, e que Jack Sparrow nunca existíu, e que foi en Calico Jack no que se inspiraron os guionistas de Piratas do Caribe para crealo, foron algunas das cousas que descubrimos en Abordaxe Pirata.

Pero non so nos adicamos a aprender, tamén fixemos antorchas e bandeiras piratas, decoramos vasos e pratos para a nosa merenda pirata e mantivemos unha auténtica batalla pirata na que a munición eran globos de auga.

Logo percorrimos o tablón sobre augas cheas de tabeiróns cos ollos pechados e rematamos repartindo o noso botín pirata que gardamos nas nosas bolsas piratas.

Unha aventura do máis pirata.

Pero polo medio, tivemos tempo de realizar con Germán e Marta unha Viaxe Culinaria, e deixamos atracados no porto ós barcos pirata e convertímonos en chefs que analizaban os distintos sabores que podemos atopar polo mundo e os diferentes xeitos de se alimentar.

Rematamos cun desfile de super modelos chefs que nos quedou do máis fashion.

A que estaban tod@s guapísim@s co seu gorro?




0 comentarios:

Publicar un comentario

Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    ARQUIVO

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License