No tempo da Maruxaina, as sereas tomarom o Museo Provincial do Mar. Non houbo que esperar ao dia propicio da festa para o mitolóxico ser fixese pousada nas vellas escolas de San Cibrao. Alén da exposición do ceramista Otero Regal que trae a esta pousada diversas sereas da nosa costa, no pasado Xoves 6 de Agosto tivemos unha conferencia organizada polos Aventados sobre "Contos e Cantos de Sereas" por Vicente Míguez. A serea como tránsito entre a fantasia e a realidade que nos permite construir un relato máxico de acontecementos épicos encaixou como umha luva no noso museo contador de historias.
0 comentarios:
Publicar un comentario