Na tarde do 12 de Agosto @s pequeamig@s do noso museo tatuaron os seus propios deseños nas súas propias mans con henna natural importada de Marrocos. Unha festa de verán chea de alegria na que se aprenderon costumes e tradicións doutras culturas e países como é o caso de Marrocos país que temos moi próximo a nós ainda sendo un completo descoñecido en moitas das suas vertentes. Ainda así, esta actividade foi un perfecto recordatorio de que as diferenzas enriquécenos e o respecto únenos.
0 comentarios:
Publicar un comentario