Un museo é moitas cousas pero na maior parte das veces tamén é un edifico. No noso caso non contamos con un edifico maxestuoso que imprensione ao longe pero contamos seguramente con algo máis importante, unha vella escola unitaria reconvertida sen perder a vocación de servicio público. Onde antano estiveron nenos e nenas, hoxe continúan nenos e nas con a intención de aprender sen límites. Un edifico que tivo cambios sen perder a esencia como a función. E hoxe esta propia evolución física foi o que os nosos pequenos siareiros aprehenderon como sensación. Do papel á construción e viceversa para entender a conversión das necesidades humanas en arquitectura. Unha nova forma de entender a institución e o espazo.
0 comentarios:
Publicar un comentario