O 4 de agosto contamos con unha orixinal actividade de Gyotaku. Esta técnica de gravado ten unha orixe xaponesa e consiste en cubrir un peixe con tinta e aplicarlle unha folla de papel de arroz para que a súa imaxe quedase estampada nel. De "gyo" peixe e "taku" frotar. Esta práctica nacida no Xapón do século XVIII foi realizada por perto de medio cento de nenos nunha xornada matinal altamente entretida. Unha actividade didáctica que recordou no Museo Provincial do Mar un exercicio realizado polos pescadores nipóns para rexistrar as suas capturas. Unha marea de peixes de tinta navegaron no noso museo entre os sorrisos de satisfación de numerosos nenos e nenas chegados de diferentes puntos da península.
0 comentarios:
Publicar un comentario