A serea como mito ten unha fonda ambivalencia entre mito popular e símbolo da cultura artística, xa for nas suas formas literarias, plásticas ou doutro tipo. As sereas habitan mutuamente ambos mundos, sendo unha figura popular que goza de grande prédica entre os ambientes refinados da alta cultura. Xa na propia Odisea homérica estes seres mitológicos configúranse como unha construcción simbólica de prestixio. A nosa Maruxaina que lle da sentido á exposición na que se enmarca esta conferencia é un ser que vive nos corazóns da xente do común pero ao tempo forma parte dunha grande familia universal con expresións en numerosos escenarios cultos de recoñecida referencialidade. Lorenzo Gonzalez, catedrático de Artes Plásticas en Salamanca; achegou ao noso museo esta outra vertente do universo simbólico que humildemente representamos con este conferencia de "Sereas, musas da arte" no pasado Sábado 22 de Agosto.
0 comentarios:
Publicar un comentario