No Museo Provincial do Mar comezamos o outono con un novo obradoiro dentro do ciclo da "Arte de Xuntar II". Ainda sendo otoñal, este día permiteunos realizar parte das nosas actividades no exterior e defrutar así ainda en maior medida de xogos de hoxe e de sempre que neste tempo de sobreacumulación tecnolóxica divertiu aos nosos pequenos siareiros dunha forma mais tradicional. Continuamos así unha liña na cal o xogo é algo integral e amplamente participativo. As cadeiras, o pano ou o escondite inglés foron algúns dos entretementos máis celebrados.
















Na tarde do venres 18 de Setembro, o Museo Provincial do Mar acolleu o primeiro obradoiro do ciclo paralelo ao proxecto expositivo "A arte de xuntar II" que expon xoguetes pertencentes á colección Quiroga-Monte. Nós, como museo centrado no mar, temos a disposición do noso público obxectos de ocio de temática costeira e mariñeira, liña que tamén seguen os nosos obradoiros. 

Neste primeiro mais dunha docena de nenos e nenas realizaron mediante un traballo manual unha réplica eles mesmos dun xoguete exposto. Esta actividade deu para recordar como a elaboración do xoguete é parte do propio xogo mediante a construción dun enxeño que permitia pescar peixes mediante un peculiar sistema de imáns. Pero non só, senon que esta actividade tamén deu para aprender sobre diversas especies de peixes presentes no museo e os seus perigos e virtudes.

Unha interesante actividade que terá continuidade con os obradoiros denominados "Xogueteando" e "Cadea de Barcos. Ronsel de historias", os dias 23 e 29 de Setembro respetivamente.





O xoves 3 de Setembro decorreu no Museo Provincial no Mar de San Cibrao (Cervo) e na sala de exposicións do Concello de Xove a inauguración dunha nova exposición organizada pola Rede Museística Provincial. “A caza da balea” é o nome da parte instalada na institución museística e a “A factoría baleeira Masso” a localizada no municipio xovense que xustamente recolle o testemuño fotográfico que o artista Félix Lorrio realizou da actividade dunha factoría baleeira en 1978. En cambio, a sección do museo sancibrense ilustra a tradicional caza baleeira das Idades Media e Moderna, mediante imaxes do coñecido “Diccionário Histórico de los Artes de la Pesca Nacional” de Antonio Sañez Reguart.

Esta exposición , con as súas ambas ubicacións, lembran a importante presencia desta actividade pesqueira na nosa comarca, que tivo a sua última expresión na factoría xovense de Morás. Actividade esta que deixou importantes testemuños como por exemplo a colección de osos depositada no Museo Provincial do Mar, a mais importante de Galicia segundo os expertos.









Para abrir unha axetreada maña de Xoves, tivemos en horario matutino o 3 de Setembro un Obradoiro de Mensaxes Marítimas. A mística tantas veces reflexada na literatura das mensaxes en botellas que percorren mares para contactar persoas ou sirves de mensaxes de auxilio sirveu nesta ocasión no Museo Provincial do Mar para que os nenos e nenas reflexionasen sobre o estado e a importancias dos nosos marés e oceanos. Lamentablemente, as inclemencias meterológicas impediron que as botellas e as mensaxes nelas gardadas pudesen tornar vida ao ser lanzadas ao mar e quen sabe se xerar comunicación como tantas veces ao longo do tempo.


























Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License