O xoves 3 de Setembro decorreu no Museo Provincial no Mar de San Cibrao (Cervo) e na sala de exposicións do Concello de Xove a inauguración dunha nova exposición organizada pola Rede Museística Provincial. “A caza da balea” é o nome da parte instalada na institución museística e a “A factoría baleeira Masso” a localizada no municipio xovense que xustamente recolle o testemuño fotográfico que o artista Félix Lorrio realizou da actividade dunha factoría baleeira en 1978. En cambio, a sección do museo sancibrense ilustra a tradicional caza baleeira das Idades Media e Moderna, mediante imaxes do coñecido “Diccionário Histórico de los Artes de la Pesca Nacional” de Antonio Sañez Reguart.
Esta exposición , con as súas ambas ubicacións, lembran a importante presencia desta actividade pesqueira na nosa comarca, que tivo a sua última expresión na factoría xovense de Morás. Actividade esta que deixou importantes testemuños como por exemplo a colección de osos depositada no Museo Provincial do Mar, a mais importante de Galicia segundo os expertos.
0 comentarios:
Publicar un comentario