Na tarde do venres 18 de Setembro, o Museo Provincial do Mar acolleu o primeiro obradoiro do ciclo paralelo ao proxecto expositivo "A arte de xuntar II" que expon xoguetes pertencentes á colección Quiroga-Monte. Nós, como museo centrado no mar, temos a disposición do noso público obxectos de ocio de temática costeira e mariñeira, liña que tamén seguen os nosos obradoiros.
Neste primeiro mais dunha docena de nenos e nenas realizaron mediante un traballo manual unha réplica eles mesmos dun xoguete exposto. Esta actividade deu para recordar como a elaboración do xoguete é parte do propio xogo mediante a construción dun enxeño que permitia pescar peixes mediante un peculiar sistema de imáns. Pero non só, senon que esta actividade tamén deu para aprender sobre diversas especies de peixes presentes no museo e os seus perigos e virtudes.
Unha interesante actividade que terá continuidade con os obradoiros denominados "Xogueteando" e "Cadea de Barcos. Ronsel de historias", os dias 23 e 29 de Setembro respetivamente.
0 comentarios:
Publicar un comentario