Para abrir unha axetreada maña de Xoves, tivemos en horario matutino o 3 de Setembro un Obradoiro de Mensaxes Marítimas. A mística tantas veces reflexada na literatura das mensaxes en botellas que percorren mares para contactar persoas ou sirves de mensaxes de auxilio sirveu nesta ocasión no Museo Provincial do Mar para que os nenos e nenas reflexionasen sobre o estado e a importancias dos nosos marés e oceanos. Lamentablemente, as inclemencias meterológicas impediron que as botellas e as mensaxes nelas gardadas pudesen tornar vida ao ser lanzadas ao mar e quen sabe se xerar comunicación como tantas veces ao longo do tempo.
0 comentarios:
Publicar un comentario