O noso Club Pequeamig@s tamén se quixo achegar á antigua labor de tecer no tear, e non se lles deu nada mal.

Pasaron unha mañá divertidísima gracias á Clío Reconstrucción histórica, descobrindo o fuso e a roca, fibras naturáis como o liño, o cáñamo ou a la, tecendo fermosas teas nos seus teares, usando lanzadeiras e peines, e sobre todo a súa imaxinación e inxenio.

Grazas rapazas pola vosa paciencia, grazas Pequeamig@s pola vosa creatividade.



















O liño tivo na Mariña unha grande importancia económica e social.

Por unha banda co seu producto elaborábanse tanto o axuar doméstico como o persoal, as velas para os barcos e os traxes de auga para os mariñeiros co procedemento do encascado do liño.

Por outra banda, todos os diversos procesos na obtención do fío de liño eran traballos colaborativos nos que participaba toda a comunidade, e sobre de todo as “fiadeiras” eran un dos máis importantes medios de transmisión oral da nosa cultura popular.

O noso Clube Sénior, estivo a lembrarse dos tempos pasados nos que nas súas casas as avoas tecían no tear, da fermosa flor azul da pranta do liño, dos corvos, os pozos nos que se deixaba a remollar o liño varios días antes de ripalo, daquelas duras e ásperas sabas de estopa, do fuso e da roca e dalgunha trasnada de infancia devanando no fío.

As redeiras e as súas agullas saíron a relucir tamén, as horas adicadas a reparar aparello, ou as velas dos barcos.

Moitas grazas a todos por compartir ás vosas lembranzas, e ós nosos compañeiros de San Paio por deixarnos a semente do liño, a pranta e o liño para fiar que nos axudou a achegarnos un pouco máis a esta parte da nosa historia.

Iso é traballar en rede, compartindo recursos, experiencias e coñecementos.


















Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License