O primeira peza que atopa o visitante ao
entrar no Museo Provincial do Mar é un pupitre que recorda que se están a
traspasar os muros dunha vella escola.
OBXECTO: Pupitre escola / School desk / Pupitre
escuela
DATA: Século XX
MATERIAIS: Madeira, verniz /
Wood, varnish / Madera, barniz
MEDIDAS: 82,5 x 110 x 83 cm
Este é un exemplo do típico modelo de pupitre de finais do s XIX e primeiros anos do s XX: bipersoal, de madeira, con asentos abatibles, co taboleiro inclinado e cun par de buratos nos que se metían os tinteiros.
Coa pizarra e o pizarrín enriba del (que
sempre tentan a bosquexar algunha cousa) son moitos os recordos que evoca e
moitas as historias que suxestiona e invita a relatar.
Trátase dunha peza que serve de magnífica
escusa para reflexionar sobre as diferenzas entre o modelo educativo dos anos
trinta e o actual. Tamén sobre a emigración xa que, non podemos esquecer, o
edificio no que se encontra o Museo Provincial do Mar naceu para ser unha
escola indiana.
0 comentarios:
Publicar un comentario