As ameixas xigantes (Tridacna gigas) son os moluscos bivalvos
máis grandes do mundo. Poden chegar aos 150 cm de lonxitude e aos 300 kg de
peso. Téñense atopado exemplares con máis de 100 anos polo que tamén son dos
máis lonxevos.
OBXECTO: Tridacna gigas
DATA: Século XX
MATERIAIS: Material orgánico / Organic material / Material
orgánico
MEDIDAS: 31
x 76 x 46 cm ; 28 x 74,2 x 44,2
cm
Estes colosos naturais atópanse nas augas cálidas tropicais dos
océanos Pacífico e Índico. Están seriamente ameazados pola destrución dos
arrecifes coralinos nos que habitan e pola súa pesca abusiva, debido á súa valorada
carne e espectaculares cunchas.
Xa nos séculos XVI e XVII chegan a Europa os primeiros exemplares
destes xigantes mariños que, en moitas
ocasións, eran enviados por misioneiros como agasallos que pasaban a engrosar
as coleccións de gabinetes de
curiosidades e de ciencias naturais ou a decorar parques e xardíns. Aínda hoxe
se poden ver en igrexas como pías de auga bendita, razón pola que os franceses
as chamaban bénitier.
0 comentarios:
Publicar un comentario