Na madrugada do 23 de decembro de 1982, sobre as 4:30 h, o cargueiro holandés Carabeka VIII que se dirixía á fábrica de Alúmina-Aluminio para cargar as súas bodegas, achegouse en exceso aos farallóns (conxunto de illotes de San Cibrao formado por O Pé, A Baixa e A Sombriza). Alí deu comezo a que sería a última singradura deste barco.

Despois de comprobar a embarcación do práctico a situación de perigo na que se atopaba o cargueiro, lanzouse unha chamada de socorro que foi atendida por dous remolcadores do complexo da fábrica e por varios pesqueiros dos portos próximos. Nada puideron facer por rescatar aos tripulantes xa que había forte temporal. Foi o helicóptero do Servizo Aéreo de Rescate con base na Coruña o que levou a cabo as manobras de rescate, logrando poñer a salvo a dez dos once membros da tripulación.

Parece ser que o capitán do buque, ferido e en shock, negouse a abandonar a nave a pesar dos reiterados intentos dos equipos de salvamento. Á mañá seguinte, cando volveron ao lugar puideron comprobar que o buque sufrira os golpes de mar, partira en dous e o capitán desaparecera sen saber nunca máis del.

Os mariñeiros de San Cibrao son uns perfectos coñecedores dos farallóns e por iso saben do perigo que agochan os seus fondos. Nos farallóns descansan tamén restos doutros barcos como o Castillo Moncada, afundido o 12 de marzo de 1945, o patache Carmelita en 1952, o pesqueiro Mari Fran, desde o 20 de setembro de 1957, ou o motoveleiro Carmelina, afundido o 11 de setembro de 1960.

O accidente do Carabeka VIII veu dado acaso por un erro do capitán ou se cadra por falta de pericia do práctico que debera advertir antes do perigo que corría o barco achegándose tanto aos illotes.

É ben sabido, que segundo quen nos conte uns feitos ou as fontes nas que nos documentemos, a interpretación varía e, por iso, para uns a Maruxaina e boa e cos seus cantos advirte dos perigos aos mariñeiros e, para outros, é mala e trata de que choquen contra as rochas da súa illa.

Aínda con todo, a historia non volve atrás e o tráxico resultado da última singradura do Carabeka VIII foi a desaparición do capitán holandés e o afundimento da nave alí onde habita a Maruxaina que seguro foi testemuña do acontecido e que gardará o segredo, como moitos máis segredos que quedan ocultos para sempre baixo as augas do mar.



Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License