Nº 7
Sábado, 26 de setembro de 2009. Revista oral de periodicidade semestral, editada polo Museo Provincial do Mar (da Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 19 horas. Lugar: Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo (Lugo). Deseño gráfico e animación dixital: tatata. Duración aprox.: 1,30 h. Coordina: Antonio Reigosa.
A voz dos carraos súmase aos parabéns ao Museo Provincial do Mar no seu 40º aniversario (11 de outubro de 1969-2009), e quere render homenaxe de agradecemento a todas as persoas que fixeron posible o seu nacemento, ás que o mantiveron e ás que traballan polo seu futuro.
SUMARIO
Portada musical
Tema: Aquí vin, aquí cheguei (Instrumento: corna-gaitela)
Intérprete: Xavier Blanco (3’)
Cos ollos dos nenos: Memoria vivida nos obradoiros de verán no Museo P. do Mar
Videorede: O pasado (8’)
Música
Tema: A subila e a baixala (Instrumento: cabaza)
Intérprete: Xavier Blanco (3’)
Poesía
A boca do rio, por Laura Branco (5’)
Música
Tema: O ai-Jota do Piñeiro (Instrumento: gaita de cana)
Intérprete: Xavier Blanco (3’)
Cos ollos dos nenos: Memoria vivida nos obradoiros de verán no Museo P. do Mar
Videorede: de onte a hoxe, por Paco Fra e Lucas (8’)
Música
Tema: Sete cuncas (Instrumento: caldeiro)
Intérprete: Xavier Blanco (3’)
Poesía
O novo dia abre-nos as costelas, por Laura Branco (5’)
Música
Tema: Esta noite vou de ronda (Instrumento: gaita grileira)
Intérprete: Xavier Blanco (3’)
Exposición
Ás portas de Rinlo, por Fernando F. Páez (10’)
Música
Tema: O rula (Instrumento: legón)
Intérprete: Xavier Blanco (3’)
Cos ollos dos nenos: Memoria vivida nos obradoiros de verán no Museo P. do Mar
Videorede: De hoxe en adiante (8’)
Música
Tema: O pote vello (Instrumento: vara de sabugueiro)
Intérprete: Xavier Blanco (3’)
Poesía
As baleias de Sandycove, por Laura Branco (5’)
Opinión
Intervención do público (3’)
Epílogo
Por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’)
Contraportada musical
Tema: A batalla de Rande (Instrumento: cunca-cadro de cordel)
Intérprete: Xavier Blanco (3’)
COLABORAN NESTE NÚMERO
Xavier Blanco
Naceu en Moaña (Pontevedra). É mestre gaiteiro e Técnico en Cultura Tradicional do concello de Moaña. Desenvolve e xenera a través da Escola-Obradoiro de instrumentos musicais galegos un valor social que garante a recuperación, mantemento e difusión das tradicións culturais e folclóricas de Galiza. Herdeiro da sabedoría da saga dos Soledás , a sú aprincipal fonte de inspiración son as persoas de máis idade, das que aprende ao tempo que toma a responsabilidade da difusión dos coeñcementos transmitidos polos seus devanceiros. Como mestre artesán constrúe e restaura instrumentos tradicionais galegos, aplicando antigas técnicas de construcción aprendcidas dos vellos. Ten recuperado desde un verniz ecolóxico (fabricado dunha maneira totalmente natural) até técnicas de mariñado de madeiras ou aproveitamento de madeiras frutais, coñecementos que aplica no proceso de construcción dos instrumentos. É autor de varias punblicacións e das gravacións “Instrumentos probres”, “A gaita de cana” e
Laura Branco
Naceu en Foz (Lugo) en 1984. Licenciada nas Filoloxías Portuguesa e Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, na actualidade realiza estudos de Doutoramento no programa Teoría da Literatura e Literatura Comparada. En 2006 entra a facer parte do grupo de investigación GALABRA (sobre os sistemas culturais galego, luso, brasileiro e africanos de língua portuguesa) desta universidade e, en cualidade de investigadora en formación, é membro do equipo que no seo deste grupo está a desenvolver un proxecto sobre o período histórico da Ilustración na Galiza, asunto central da súa tese. Esta faceta como investigadora combínase co hábito da escritura cuxa adquisición se remonta aos inicios da adolescencia, e ten algúns poemas publicados na revista Agália. Os poemas con que intervirá na presente entrega da revista A voz dos carraos fan parte do seu poemário inédito Doenças dum espelho.
Fernando F. Páez
Natural de Ribadeo, licenciado en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Valencia. Expuxo en diferentes galerías de Madrid, Londres, Salamanca, León, A Coruña e Ribadeo: Ás portas de Rinlo (2009); 6 Olladas (2008); Percorridos (2008); El placer de Leer (2005)”; Photography Portrait Price (2005); Portrait Nacional Gallery (2005). Foir ecoñecido con premios como “Accesit 18 Caminos de Hierro”. Renfe-Adif. Madrid (2004); 1º Premio Nacional de fotografía Caja España, León (2003); 1º Premio de Creación Fotográfica “VLuis Ksado”. Deputación de A Coruña (2002); PREMIO en Fotografía “Por la Vida”. Seguros Mafre Finisterre, Valencia (2001); Medalla de ouro, Austrian Hasselblad Supercircuit, Austria (2000) e 1º Premio de “Fotografía Matemática”, 9ª Xornadas JAEM (1999).
Videorede
Este verán desenvolveuse nos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo unha actividade con este nome, coa que se pretendía entre outras cousas pór en comunicación aos maiores, os que ateosuran o saber, cos máis novos, os que o han herdar para o futuro. Os museos, neste caso, foron os intermediarios que propiciaron este diálogo interxeneracional. Os resultados están na mirada e nas palabras dos nenos e nenas que participaron nos obradoiros e que van intervir nesta revista.
……
Xa vos comentamos que o vindeiro dia 26 na proxima edicion da "Voz dos Carraos" exhibiremos uns videos resume das actividades de este veran. Pero se queredes ter en exclusiva un avance dun destes videos so tedes que descargarlo neste link: http://www.sendspace.com/file/rybmoy Esperamos que vos guste e vos anime a asistir o pase integro do dia 26.
Parece que foi onte e xa leva 40 anos nas nosas vidas vida o Museo do Mar de San Ciprian. Para conmemoralo estamos a preparar un programa especial para o vindeiro mes de Outubro. Esperamos poder contar con todos vos para celebralo xuntos xa que vos sodes o valor mais importante deste museo. Iremos anunciando a programación deseñada a medida que a vaiamos coñecendo. Visitade asiduamente este blog e estaredes informados do programa, ou se non queredes perdervos as ultimas novas suscribidevos por email para seres os primeiros en coñecela. Para suscribirse so tedes que escribir o voso email na casilla que aparece no marxen dereito e darlle o boton que aparece debaixo. Inda que cando escribades non aparecera nada non vos preocupedes xa que por problemas tecnicos a tipografia sae en branco. Esperamos ter solucionado este problemilla en breve. Pero mentres non deixedes de suscribiros.
O vindeiro dia 26 teredes no Museo Provincial do Mar unha nova edicion da revista oral A Voz dos Carraos. Inda que a programación definitiva non esta deseñada por completo, a vos siareiros fieis do Museo via blog, imos adiantarvos algun dos temas que imos tratar nesta 7ª edición.
Cos ollos dos nenos: Memoria vivida dos obradoiros de verán no Museo P. do Mar
Videorede: o pasado, por nenos San Cibrao… (8’)
Cos ollos dos nenos: Memoria vivida dos obradoiros de verán no Museo P. do Mar
Videorede: de onte a hoxe, por Paco Fra e Lucas (8’)
Cos ollos dos nenos: Memoria vivida dos obradoiros de verán no Museo P. do Mar
Videorede: qué sabemos do MPM, por Nenos de San Cibrao.. (8’)
Presentamos unha pequena sección que iremos actualizando frecuentemente na que colgaremos unha colección de malocoloxía poñendoa ao servicio de todo o mundo que lle poda ser útil:
Provincia Ártica. Provincia Aleutiana. Formada polos fríos mares polares. En contra do que puidera parecer, non é especialmente escasa en moluscos, se ben é certo que as especies destes lugares non son tan chamativas e coloridas como as tropicais. Algúns autores consideran a provincia aleutiana como subprovincia da ártica.
Nome da cuncha: Vieira islandica