Mostrando entradas con la etiqueta san cibrao. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta san cibrao. Mostrar todas las entradas
Na
madrugada do 23 de decembro de 1982, sobre as 4:30 h, o cargueiro holandés Carabeka VIII que se dirixía á fábrica
de Alúmina-Aluminio para cargar as súas bodegas, achegouse en exceso aos farallóns
(conxunto de illotes de San Cibrao formado por O Pé, A Baixa e A Sombriza). Alí
deu comezo a que sería a última singradura deste barco.
Despois
de comprobar a embarcación do práctico a situación de perigo na que se atopaba
o cargueiro, lanzouse unha chamada de socorro que foi atendida por dous
remolcadores do complexo da fábrica e por varios pesqueiros dos portos
próximos. Nada puideron facer por rescatar aos tripulantes xa que había forte
temporal. Foi o helicóptero do Servizo Aéreo de Rescate con base na Coruña o
que levou a cabo as manobras de rescate, logrando poñer a salvo a dez dos once
membros da tripulación.
Parece
ser que o capitán do buque, ferido e en shock,
negouse a abandonar a nave a pesar dos reiterados intentos dos equipos de
salvamento. Á mañá seguinte, cando volveron ao lugar puideron comprobar que o
buque sufrira os golpes de mar, partira en dous e o capitán desaparecera sen
saber nunca máis del.
Os
mariñeiros de San Cibrao son uns perfectos coñecedores dos farallóns e por iso saben
do perigo que agochan os seus fondos. Nos farallóns descansan tamén restos
doutros barcos como o Castillo Moncada,
afundido o 12 de marzo de 1945, o patache Carmelita
en 1952, o pesqueiro Mari Fran, desde
o 20 de setembro de 1957, ou o motoveleiro Carmelina,
afundido o 11 de setembro de 1960.
O
accidente do Carabeka VIII veu dado
acaso por un erro do capitán ou se cadra por falta de pericia do práctico que
debera advertir antes do perigo que corría o barco achegándose tanto aos illotes.
É
ben sabido, que segundo quen nos conte uns feitos ou as fontes nas que nos
documentemos, a interpretación varía e, por iso, para uns a Maruxaina e boa e
cos seus cantos advirte dos perigos aos mariñeiros e, para outros, é mala e
trata de que choquen contra as rochas da súa illa.
Aínda
con todo, a historia non volve atrás e o tráxico resultado da última singradura
do Carabeka VIII foi a desaparición
do capitán holandés e o afundimento da nave alí onde habita a Maruxaina que
seguro foi testemuña do acontecido e que gardará o segredo, como moitos máis
segredos que quedan ocultos para sempre baixo as augas do mar.
Polafía, un proxecto que a Asociación de escritores en lingua Galega (Aelg) realiza por toda Galiza e que prentende por en valor todas esas lendas, coplas, historias orais e poemas autóctonos de cada rexión do país, contou cunha edición este ano no noso Museo. As xentes de San Cibrao sumaronse asi ao esforzo da Aelg de manter vivo todo este patrimonio oral que corre risco de perderse se non o mantemos vivos. A Aelg conta ademais cunha páxina web onde se pode visionar as intervencións dos participantes nesta iniciativa tan interesante. Aqui vos deixamos un enlace a web da Aelg co que deu de si a Polafía de San Cibrao.
http://www.aelg.org/Polafias/ShowPolafia.do?id=19

