Aqui tedes a autorización para poder colgar en internet os resultados audiovisuais dos campamentos de Nadal. Para descargalo so tedes que pinchar no enlace e logo darlle a descargar (Download). Tamén podedes pasar a recollelo no propio museo. ¡Felices Festas!
19 de Decembro: Aprendemos a vivir xuntos.
Este primeiro dia adicaremolo a dar unhas nocions teoricas do que se vai a facer os diferentes dias do campamento para logo comezar cos obradoiros propiamente ditos.
Obradoiro de Restauración : No que contaremos coa presenza de Alfredo, a persoa que restaura desinteresadamente as maquetas de barcos que se exhiben no museo. Os rapaces coñeceran cales son as pautas, as ferramentas, e os criterios a seguir en todo o proceso de restauración dunha maqueta.
Os Sons do mar: Obradoiro que persegue a posta en valor da cultura sonora mariñeira. Aprenderan a identificar cales eran e son os sons que se poden ou podian escoitar nun porto mariñeiro. Un exercicio de arqueoloxía sonora que pretende recuperar o patrimonio sonoro da nosa cultura en perigo de extincion neste mundo de cultura visual no que vivimos.
Tirando do Fio: Xa pola tarde un clásico dentro do programa de actividades da Rede. Un encontro interxeneracional apto para toda a familia no que este ano falaremos dos faros, de naufraxios e dos piratas que pasaron pola mariña. Tamen contaremos cunha interpretación dunha parranda que os participantes adicaran os participantes do Tirando do Fio do resto de museos da Rede.
Pescador de Soños: Despois de Tirando do fio teremos a oportunidade de pechar as celebracións do 40 aniversario con este espectáculo multidisciplinar que engloba musica, teatro e danza.