Xa podedes visionar algún video sobre o 40 aniversario no canle de youtube do Museo. Ou se o preferides podedelos visionar dende o reproductor insertado aqui no blog. Iremos subindo mais a medida que os teñamos editados para que os que non asistiron os actos podan vivilos igualmente dende a particular retina dos nosos queridos nenos de videorede.
o link do noso canle e o siguiente:
http://www.youtube.com/user/museodomar
A PIRATA PENAMOURA
J. Daniel Buján Núñez
“A capitana Penamoura ideou un plan de ataque, e pensou intelixentemente que as mesmas saídas en busca de botín dos piratas do Manteigas ofrecían unha inmellorable oportunidade para desfacernos deles definitivamente.
O navío inimigo non estaba moi lonxe da terra, atracado a resgardo da mar aberta na ría da Portiña e recollido na pequena badía de Parallás onde botara as áncoras. Non tiña realmente moito que temer das pacíficas xentes do lugar, pero gardaban os seus tripulantes algunhas precaucións en razón do medo que tiñan a algún imprevisto ataque de Noa Penamoura. ¡E ben acertados que estaban ó temela, aínda que de pouco lles ía servir calquera prevención ante a nosa capitana”.
“Ninguén no barco se decatara do que estaba a pasar en terra. (...) pero sería o mesmo que non tivésemos todas estas avantaxes, pois no momento en que o asalto tiña lugar, o barco da Penamoura aparecía por un dos extremos da badía, quedaba á vista dos piratas do Manteigas, e convertíase na súa única preocupación e foco de interese.
A presencia do noso barco era en realidade un máis dos elementos da trampa que a capitana lles preparaba ós piratas, e non tiña outra función que a de atrae-la atención destes mentres a Penamoura neutralizaba o grupo de terra e intentaba atacalos pola “retaguardia”. Así que o Morriñoso, que así que tal se chamaba o noso barco, manobrou destramente finxindo impetuosas intencións de ataque, pero manténdose en realidade en todo momento fóra do alcance dos canóns inimigos. Disparou incluso un par de andanadas con tódolos canóns que daban a estribor, que, como era lóxico dada a distancia, caeron lonxe do barco do Manteigas, pero serviron para alarmar seriamente ós seus piratas, enganalos sobre a seriedade do falso ataque e amedrentalos o suficiente como para que non tivesen ollos nin atención máis que ó punto do horizonte no que se atopaba o temido barco da Penamoura”.
"Se virades entrar un veleiro na ría co velame despregado ó vento, os foques tensos no botalón de proa e a vela escandalosa alta no vento como unha bandeira, veriades a miña nenez a sorrir". (Antón Avilés de Taramancos)
O mar anda
O mar anda
que desanda,
anda que desaparece.
Quen ten amores
non durme;
quen non os ten
adormece.
(Popular galega - Uxía Senlle)
Martín Codax
Ondas do mar de Vigo
Ondas do mar de Vigo,
¿Se vistes meu amigo?
¿E-ai Deus- se verrá cedo?
ondas do mar levado,
¿Se vistes meu amado?
¿E-ai Deus- se verrá cedo?
¿Se vistes meu amigo
o por que eu sospiro?
¿E-ai Deus- se verrá cedo?
¿Se vistes meu amado
que me ten en coidado?
¿E-ai Deus- se verrá cedo?
Ay ondas que eu vin veer
Ay ondas que eu vin veer,
se me saberedes dizer
por que tarda meu amigo sen min.
Ay ondas que eu vin mirar,
se me saberedes contar
por que tarda meu amigo sen min.
Sedia-m'eu na ermida de San Simión - Meendinho
Sedia-m'eu na ermida de San Simión
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
E cercaron-mi as ondas, que grandes son:
non hei i barqueiro, nen remador.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
E cercaron-mi as ondas do alto mar:
non hei i barqueiro, nen sei remar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
Non hei i barqueiro, nen remador:
morrerei eu fremosa no mar maior.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
Non hei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei fremosa no alto mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
09/10/2009 - J. R. / El Progreso (Lugo)
Promotores, donantes de piezas y los vecinos de San Cibrao protagonizan este fin de semana los actos conmemorativos del cuadragésimo aniversario de la constitución oficial del Museo Provincial do Mar. Fue el 11 de octubre de 1949 cuando se rubricó el acta fundacional que vinculaba la entidad a la Diputación de Lugo y convertía el proyecto impulsado por el maestro Francisco Rivera Casás y los alumnos de la escuela unitaria en el primer museo marítimo de Galicia de carácter público.
Las actividades previstas son la "culminación" de un intenso programa desarrollado durante el año, según explicó la directora del Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro. El diputado de Cultura, Antonio Veiga, resaltó el "arraigo" de la institución museística en la sociedad sancibrense y su intención de abrir las instalacións "aos escolares e ao mundo asociativo".
La gerente de la Rede de Museos de la Diputación, Encarna Lago, destacó la labor desplegada este año en el museo, tanto en el ámbito de la catalogación de piezas y la investigación, como mediante la organización de 24 actividades distintas, dirigidas principalmente a escolares. Lago invitó a participar en los actos al pueblo de San Cibrao y, de forma especial, a la gente que trabajó de forma directa en la gestión del Museo del Mar, como la asociación de vecinos ‘Cruz da Venta’.
El programa arranca este viernes, a las ocho de la tarde, con la apertura de una exposición de Bujados, con fondos del Museo Provincial de Lugo. También se proyectarán obras de artistas mariñanos en la fachada del edificio.
Los 34 niños de la escuela unitaria del curso 1969-70, que contribuyeron a la creación del museo, serán recibidos en el museo en la mañana del sábado. Allí participarán, junto a escolares, en la lectura de textos sobre el mar. También actuará la Big Band de Viveiro. A las ocho, el actor Avelino González escenificará la pieza ‘Vento mareiro’. El músico Antón Castro dará un concierto dirigido a los más pequeños el domingo por la mañana. Por la tarde habrá una actuación de Lino Pazos sobre la caza de ballenas y una actuación del ‘Clan Maragato’.
Con Motivo do 40 aniversario do Museo, es6tanse a publicar nos diferentes Xornais do Pai9s diferentes reseñas sobre as celebracions no Museo. Aqui vos deixamos o enlace a unha delas:
http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2009/10/12/0003_8031311.htm
Parece que foi onte e xa leva 40 anos nas nosas vidas vida o Museo do Mar de San Ciprian. Para conmemoralo estamos a preparar un programa especial para o vindeiro mes de Outubro. Esperamos poder contar con todos vos para celebralo xuntos xa que vos sodes o valor mais importante deste museo. Iremos anunciando a programación deseñada a medida que a vaiamos coñecendo. Visitade asiduamente este blog e estaredes informados do programa, ou se non queredes perdervos as ultimas novas suscribidevos por email para seres os primeiros en coñecela. Para suscribirse so tedes que escribir o voso email na casilla que aparece no marxen dereito e darlle o boton que aparece debaixo. Inda que cando escribades non aparecera nada non vos preocupedes xa que por problemas tecnicos a tipografia sae en branco. Esperamos ter solucionado este problemilla en breve. Pero mentres non deixedes de suscribiros.