Mostrando entradas con la etiqueta accesibilidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta accesibilidade. Mostrar todas las entradas


Mañá, día 6, as 12 da mañá  dará comezo no Museo Provincial do Mar de San Cibrao o primeiro obradoiro de Arte e Parte: Ó desafío de Voar coas Propias Ás. Este obradoiro encontrase dentro da programación especial para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2011. O obradoiro sera impartido por Adriana Pazos Ottón, Directora da Aula de ideas, e Encarna Lago, Xerente da Rede. O obradoiro repetirase en todos os museos da rede nas seguintes datas:
  • Día 8  de decembro, no Museo San Paio de Narla, Friol.
  • Día 9 de decembro, no Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos.
  • Día 17 de decembro,  no Museo Provincial de Lugo.
Compartimos con vós o concepto e a metodoloxía que seguirá este obradoiro:
Se algo caracteriza á arte é a súa capacidade de anular barreiras e fronteiras do tipo que sexan. A creatividade e a sensibilidade teñen carácter universal e converten á arte en vía de comunicación e socialización máis aló de calquera diferenza. Con este obradoiro pretendemos crear un espazo no que se contemple a posibilidade de integrar plenamente a diversidade en todos os seus ámbitos.
Porque a creatividade é unha capacidade inherente a todo individuo. Estas xornadas tamén teñen un carácter reivindicativo. Preténdese concienciar sobre as capacidades e posibilidades creativas das persoas con diversidade funcional.
Dáseme ben contar o que vexo e escoito. Pinto moi mal cos pinceis, pero pintar con palabras dáseme mellor”. Carmen Soria: escritora, autora do libro “Manifiesto Saltamontes”. Residente no Centro de Atención a Persoas Discapacitadas (CAMF) de Leganés.
Todos expresámonos a diario sen pensar se somos ou non capaces de facelo, pois faremos désta capacidade universal un momento para a distensión e a experimentación propondo diferentes desafíos onde cada individuo poderá achegar a súa propia capacidade creativa nun obradoiro para ver, sentir, escoitar, expresar e compartir.
O obradoiro concíbese de forma multivectorial, xerando diferentes estímulos de participación.
1. Presentación: Daremos comezo á actividade cunha presentación na que se incide e invita a descubrir de qué forma cada un dos seres humanos son creativos nalgún modo. Na actualidade recoñécese que a creatividade non está restrinxida unicamente a seres excepcionais, e atópase como un potencial en cada persoa sen excepción.
2. Nunha segunda instancia exponse dúas dinámicas paralelas:
  • Monotipia: Unha experiencia plástica utilizando a técnica da Monotipia: variedade de impresión única; só sae unha boa reprodución de cada lámina. O artista debuxa sobre calquera superficie lisa, utilizando óleo, acuarela, ou tinta. Créase a imaxe pintándoa sinxelamente sobre a superficie da lámina. A continuación aplícase o papel sobre a lámina e a imaxe quedará transferida, fregando o dorso do papel. A técnica dános un resultado de “mancha libre” susceptible de ser interpretada. Cada un dos participantes creará unha impresión plástica.

  • Imaxes, palabra e emoción: Visionado dunha presentación de contidos multimedia en relación co tema da diversidade funcional e a capacidade artística. Os vídeos presentados servirán de movilizador de emocións e vehículo dunha dinámica na que pretendemos xérense palabras, verbalizadas e escritas, en relación ás impresións que nos causan as imaxes e o traballo dos compañeiros artistas que realizan a parte plástica.
3. Conclusión: A experiencia compartida dará como resultado unha ruta de voo, a expresión do noso voo individual, un transcurso de tempo vivenciado na arte, que quedará plasmado na suma cualitativa de cada unha das obras plásticas e emocións, escritas, impresas e ganduxadas nunha única traxectoria de voo: A creatividade compartida dunha arte sen barreiras.

Hoxe Maria Angeles Miguélez, guía do Museo do Mar, reunirase con membros de diferenes asociacións de discapacitados da área da mariña lucense para facer un primeiro diagnóstico das necesidades e propostas que poidan ter para a confección dun programa de actividades especifico para estes colectivos no vindeiro curso 2011/2012.

Tras este primeiro contacto está previsto que volten a reunirse, xa con propostas concretas, o dia 1 de Outubro.


Onte no Pazo de Tor tivemos unha mesa redonda onde tratamos o tema da Muller e a descapacidade dentro do programa "A arte de ser muller nun mundo por compartir"  aquí vos deixo unha pequena mostra gráfica do que deu de si esta xornada .




  .

Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License