Mostrando entradas con la etiqueta Actividades didacticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades didacticas. Mostrar todas las entradas

Hoxe Maria Angeles Miguélez, guía do Museo do Mar, reunirase con membros de diferenes asociacións de discapacitados da área da mariña lucense para facer un primeiro diagnóstico das necesidades e propostas que poidan ter para a confección dun programa de actividades especifico para estes colectivos no vindeiro curso 2011/2012.

Tras este primeiro contacto está previsto que volten a reunirse, xa con propostas concretas, o dia 1 de Outubro.

Xa esta aqui, coma todos os meses, unha nova edición de Radio Museistica. Neste segundo programa da radio xuvenil da Mariña poderedes atopar o xa habitual radioxornal da Mariña coas novas culturais, deportivas e metereoloxicas. Novos debates entre os nenos sobre o decreto do galego, a nomenclatura do seu pobo e Uxio Novoneyra e as Letras Galegas. Un coloquio moi ameno entre os nenos e Antonio Veiga, Deputado Delegado da Area de Cultura da Deputación de Lugo. Contamos tamen nesta edicion con tres entrevistas. Unha con Alfredo Pardo, director da curtametraxe "O Labirinto Ario"; Beatriz Seren, actriz da mesma curtametraxe; e con Ruth, Iria e Alba, tres rapazas que estudan un Master de Servizos Culturais en Lugo e que estan a deseñar un proxecto moi interesante para os museos da Rede Museistica. Agardamos que vos guste o programa e vemonos dentro dun mes.



















Aqui tedes a autorización para poder colgar en internet os resultados audiovisuais dos campamentos de Nadal. Para descargalo so tedes que pinchar no enlace e logo darlle a descargar (Download). Tamén podedes pasar a recollelo no propio museo. ¡Felices Festas!



19 de Decembro: Aprendemos a vivir xuntos.


Este primeiro dia adicaremolo a dar unhas nocions teoricas do que se vai a facer os diferentes dias do campamento para logo comezar cos obradoiros propiamente ditos.


Obradoiro de Restauración : No que contaremos coa presenza de Alfredo, a persoa que restaura desinteresadamente as maquetas de barcos que se exhiben no museo. Os rapaces coñeceran cales son as pautas, as ferramentas, e os criterios a seguir en todo o proceso de restauración dunha maqueta.

Os Sons do mar: Obradoiro que persegue a posta en valor da cultura sonora mariñeira. Aprenderan a identificar cales eran e son os sons que se poden ou podian escoitar nun porto mariñeiro. Un exercicio de arqueoloxía sonora que pretende recuperar o patrimonio sonoro da nosa cultura en perigo de extincion neste mundo de cultura visual no que vivimos.

Tirando do Fio: Xa pola tarde un clásico dentro do programa de actividades da Rede. Un encontro interxeneracional apto para toda a familia no que este ano falaremos dos faros, de naufraxios e dos piratas que pasaron pola mariña. Tamen contaremos cunha interpretación dunha parranda que os participantes adicaran os participantes do Tirando do Fio do resto de museos da Rede.

Pescador de Soños: Despois de Tirando do fio teremos a oportunidade de pechar as celebracións do 40 aniversario con este espectáculo multidisciplinar que engloba musica, teatro e danza.

Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License