Mostrando entradas con la etiqueta Textos sobre o mar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Textos sobre o mar. Mostrar todas las entradas

SE O VELLO SINBAD VOLVESE ÁS ILLAS
Álvaro Cunqueiro
“Sinbad matou o candil, meteuse no leito e busco unas memorias súas unha viaxe pra adormecer con ela, e gustaba de buscalas mui longas e detalladas, e non sabía deixar cabo solto desque salía á solaina súa faguendo visera coa man, por ver como se erguera o mar aquela mañanciña, e que vento o peiteaba, e por veces tiña que pararse, que non axeitaban no conto uns compañeiros ou unha despedida, ou de qué parte ancoraría a nao, ou un fardo estaba posto en cuberta que non deixaba pasar cómodo a proa, i estaba media hora terbellando naquel tropezo ou noutros, e cando o bulraba, entón a nao e máilo sono seu atopaban franca vía, e adormecía nun repente, quedadiño e roncador, e si soñaba, o que non acostumaba, rubíanlle os soños en verbas aos beizos, a pasearse. Si puidéramos vélas, de seguro que eran verbas de colores mui vestidas, escuma da memoria que Sinbad gastaba cada día, nova i eterna escuma do mar maior, esfarelada en doas relucintes polos ventos amigos que pasan cantando”. (pp. 65-66)

SE O VELLO SINBAD VOLVESE ÁS ILLAS
Álvaro Cunqueiro
“Sinbad meteu a man na auga, inclinándose sobor da borda, e salpicou as barbas súas, na que quedaron brillando unhas ledas gotiñas.
- ¿Tan fóra saímos, capitán?
- ¡Non, home, non! ¡Esta é unha lección!
O piloto abríu a caixa da agulla e medíu coarta e dous dedos no áer, e díxolle a Sari que levase proa posta a un muiño de vento que batía nun alto, nunha descampada entre cabos, e que quería ver si mudara a canle do golfo, para cando saíse coa nao, que habían de estar mirando dende o peirao, e si podía emporaría co terral da marea baixa, i estando el no mundo cun vaso cheo de limoada, non verquería nin gota ao pasála barra.
- O mar é unha vida, e como todo animal cambia de pasteiro e de folganzas, e ás vegadas parez que se rásquese enrabexao o lombo decontra as penas que hai no fundo, e outras agarda a man e rosma calado, igual que un lebreiro de Persia que fai a dixestión do bandullo dunha fermosa gacela, e parece que quer decir que lle gosta que o naveguen os terrenais.” (pp. 75-76)


Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License