undefined
undefined
Xa estamos de volta na rede para mantervos ó tanto do noso día a día, e o primeiro do que vos queremos dar conta é da xuntanza que o Mércores de Cinza tivemos co Clube Senior.
O obradoiro tiña o gustoso nome de "Entre fillogas e cacheiras", e nel lembramos as fiolleiras de catro patas de ferro nas que se facían catro fillogas a un tempo, de quentar o forno para poñer a tixola na parrugueira, que era como se lle chamaba á entrada do forno, ou de facer as brasas na lareira e fiollar na tapa do pote.
o amoado facíase con ovos, leite, fariña,caldo,.. e para gustos coñac, anís, canela ou rela de prana de lemón.
Eiquí vos deixamos a receita que saíu deste obradoiro, despóis de que cada un dese a súa propia e segreda pócima.
Se filloas queredes comer,
isto tedes que facer.
Poucos ovos, pouca leite,
moita auga, pisca de sal,
fariña a que nos pida
e a bater sen descansar.
Logo de tanto traballo,
deixa ó amoado repousar,
máis pensa que deseguido
has voltar a traballar.
Con un pouco de touciño
a tixola tes que untar,
e cando esté ben quentiña
un cazo de preve botar.
Cando se faga puntilla
pola veira e que xa está,
para que lle des a volta
e tras dun pouco esperar,
xa está a filloa lista,
xa so che queda probar
si así xa está boa dabondo
ou se azúcar, mel ou canela
serache mellor botar.
Moitas grazas @s mallores que colaboran con nos

E Don Carnal chegou ó Mar, e coma cando el chega todo se torna do revés,
na vez de enchernos de cacheiras e chourizos nestos tempos de "carnes
pudentas" enchímonos de polvos.
Pois así foi, os Pequeamig@s que non tiveron medo ó frío artellaron na
mañá do sábado 7 de Febreiro unhas disfraces de "polvos" mentras
revisaban a orixe dista celebración e as tradicións culinarias (a
cacheira, os chourizos, as orellas e as filloas) e as poéticas (coplas,
sermóns e testamentos).
Das tradicións culinarias non vos podemos mandar nada, pero das poéticas
igual chega algo, ou vos animades vos e compartides algo con nos.
Como levamos algo de retraso na homenaxe ós nosos doadores, ahí vai hoxe
a nosa lista co máis sinceiro agradecemento a que teñan colaborado a
conformación diste noso Museo.
6 de Febreiro, maqueta do barco Porto de Arriba, Vicente Vázquez Lozano.
7 de Febreiro , áncora de Roberto Pernas Costa.
8 de Febreiro, exvoto de Dolores Basanta Salgado.
9 de Febreiro, berbiquí de Francisco Tomé Vidal.
Moitas grazas a todos.