O liño tivo na Mariña unha grande importancia económica e social.

Por unha banda co seu producto elaborábanse tanto o axuar doméstico como o persoal, as velas para os barcos e os traxes de auga para os mariñeiros co procedemento do encascado do liño.

Por outra banda, todos os diversos procesos na obtención do fío de liño eran traballos colaborativos nos que participaba toda a comunidade, e sobre de todo as “fiadeiras” eran un dos máis importantes medios de transmisión oral da nosa cultura popular.

O noso Clube Sénior, estivo a lembrarse dos tempos pasados nos que nas súas casas as avoas tecían no tear, da fermosa flor azul da pranta do liño, dos corvos, os pozos nos que se deixaba a remollar o liño varios días antes de ripalo, daquelas duras e ásperas sabas de estopa, do fuso e da roca e dalgunha trasnada de infancia devanando no fío.

As redeiras e as súas agullas saíron a relucir tamén, as horas adicadas a reparar aparello, ou as velas dos barcos.

Moitas grazas a todos por compartir ás vosas lembranzas, e ós nosos compañeiros de San Paio por deixarnos a semente do liño, a pranta e o liño para fiar que nos axudou a achegarnos un pouco máis a esta parte da nosa historia.

Iso é traballar en rede, compartindo recursos, experiencias e coñecementos.


















En numerosas culturas indíxenas o pau é un instrumento de procura de auga, de mudanza das condicións meteorolóxicas. No Museo Provincial do Mar, o noso Clube Pequeamig@s imitou a construcción desta ferramenta simbólica pero non con o fin de realizar maxia senon de reflexionar sobre a igualdade de xénero dentro da sua multiculturalidade. Non chamomos pola auga que xa cae abundante nesta primavera senón que situamos a igualdade nas mans do futuro.














O 24 de Febreiro é o Día de Rosalía e o Museo Provincial do Mar quixo lembrar e conmemorar tal efeméride. A poesía de Rosalía reflexa multitude de sentimentos marcados pola sua condición de muller e a dor das penúrias da época e a profundo fenómeno da emigración. Nesta homenaxe tales circustancias estiveron presentes pero non exclusivamente desde o pésame senon tamén desde a ollada de esperanza que a voz rosaliana expresa. Voces de muller leron con a súa voz o intimismo dos seus poemas pero tamén se cantou non só a "Negra Sombra" senon tamén à solidariedade da emigración que legou escolas como esta que agora é museo.

















http://redemuseisticalugo.org/foto.asp?d=900&f=2656_25n(web).jpg

Presentación de ‘Plántalle cara ao maltrato’, de Luz Darriba

Dentro do programa CULTURAS EN DIÁLOGO, programa que organiza a Rede Museística da Deputación de Lugo, este mércores, 25 de novembro, ás 18:30 horas, con motivo do Día contra a violencia de xénero, terá lugar no Museo Provincial de Lugo unha charla a cargo de LUZ DARRIBA, artista que está a desenvolver Dominicanas., un proxecto que intenta facer visible a existencia dunha colectividade, apenas coñecida, que leva moitos anos convivindo e interactuando entre nós en Lugo.

Dominicanas é tamén un xeito diferente de mirar, de desestigmatizar a ollada social maiormente turbada polos prexuízos, de furgar no backstage das historias de vida, das bitácoras de persoas con acenos comúns, entrelazadas polas vicisitudes dun destino afastado do coñecido e familiar. Trátase, en definitiva, de poñer o foco nas mulleres dominicanas é a maneira que atopamos de desvelar eses misterios, de afondar nos nosos diálogos entre culturas. As mulleres foron, en xeral para esta comunidade, as pioneiras, as colonizadoras, as descubridoras, as que comezaron a destecer e a tecer as historias que nos unen.

No martes 29 de Setembro tivemos o último dos obradorios infantís pertencentes ao ciclo "A arte de Xuntar II" nos que traballamos sobre a evolución do xogo e os xoguetes dunha forma lúdica e pedagóxica. Desta volta, @s nos@s pequeamig@s desfrutaron desta actividade chamada "Cadea de Barcos" na cal foron quen de desenvolver pequenas historias narrativas traballando a imaxinación e a creatividade. Damos fé que desfrutaron e nós con eles.






Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License