Xa chegou o verán e a actividade continúa no Museo do Mar.
No obradoiro ENREDADOS descubrimos os tipos de rede, as agullas para facelas e reparalas, o dano que no mar nos seus habitantes provocan os nosos lixos e vertidos e a importancia de traballar en rede, de aportar cada un o seu gran e area, de compartir os medios, de colaborar uns con outros e así acadar un fermoso resultado.
Ó longo de tres días, votamos as nosas redes na mar e conquerimos enchelas de peixes, baleas, polbos, risas, traballo, ilusións, .., e ata de celebracións, que Álvaro e Manuel cumprían dez anos e a ocasión ben merecía unha pizza.
Moitas grazas a Mari e a Laura, que tamén se deixaron enredar por nos e estiveron a pe de rede os tres días, e coma non, a nosa Sariña e a Denís e Noel, claros exemplos de que cando se cae na Rede, xa non é posible saír.
O verán segue e nos estamos imparables, así que xa vos contaremos.
0 comentarios:
Publicar un comentario