No día de ontes, Kike J. Díaz, autor da novela gráfica Nordés, imparteu un obradoiro de cómic ós rapaces do noso museo. Aprendemos que o máis importante dun cómic é ter unha historia que contar. Creamos guións, ilustrámolos e contámosllos ós nosos compañeiros. Despois cambiamos os papeis e foi Kike o que debuxou unha historia inventada entre todos, o romance dun troglodita cíclope con alas que vive nunha cova e se namora doutra troglodita cíclope coma el, e teñen un fillo que é un porco voador, cunha tatuaxe no xamón, que se volve invencible despois de beber unha poción máxica, FIIIIN! Ah!, e para rematar, Kike deixou coa boca aberta ós rapaces cando lles foi facendo debuxos a todos eles, cumplindo todas as súas demandas á carta.
0 comentarios:
Publicar un comentario