Etiquetas:
museo do mar
,
rede museistica
,
videorede
Realizouse os dias 11 e 12 de agosto a actividade videorede no Museo Provincial do Mar. Unha actividade dirixida os rapaces de entre 8 e 14 anos e que ten como obxetivo espertar a creatividade dos nenosa proveitando o alto interese que mostran polas novas tecnoloxías da información.
Os nenos realizaron traballos audiovisuais mediante diferentes dispositivos de grabación coma telefonos mobiles, cámaras de fotos e cámaras devideo. Estes traballos teñen coma actriz principal a propia Rede Museística e tratan de vencellar aos nenos dos tres museos da rede mediante un dialogo activo e asincronico. Os nenos de cada museo estudan a suahistoria, mostran o seu presente, e analizan o seu fututro facendo participes do proceso os nenos do resto de museos da rede mediante o Canal Multimedia do Museo en youtube (http://www.youtube.com/user/museodomar).
Tamén se fomenta a idea de rede mediante a grabación de preguntas por parte de cada neno do Museo do Mar para os nenos de San Paio de Narla e do Pazo de Tor, e que xa se poden visionar no canal Multimedia do Museo. Os nenos de Narla e de Tor deberán grabar Videorespostas as inquedanzas dos do Mar o dia que fagan outro Obradoiro xa que eles xa realizaron o de Videorede.
0 comentarios:
Publicar un comentario