Este sáabdo, Polafía no Museo do Mar de San Cibrao
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo organiza unha polafía (polavila, fía, fiada, fiandón, serán,...) no Museo Provincial do Mar de San Cibrao o sábado, 12 de decembro, ás 19:00 horas. Intervirán, entre outros, Antón Castro, Isidro Novo, Xoán Neira, Paco Rivas e veciñase veciños da Mariña de Lugo coas súas historias salgadas. Este proxecto conta coa colaboración da Asociación MariñaPatrimonio. Entrada libre, ata completar aforo.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Lugo, 9 de decembro de 2009
Saúdos
Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística
Museo Provincial de Lugo / Deputación Provincial de Lugo
Contacto:
tfn.: 982 24 21 12 / fax: 982 24 02 40/ info@museolugo.org
http://www.museolugo.org/
0 comentarios:
Publicar un comentario