Museo Provincial do Mar
(REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO)
Enrédate con nós
Verán 2011
A evolución das novas tecnoloxías puxo ao noso alcance ferramentas que fan posibles soños. Estas ferramentas posibilitan unha retroalimentación informativa sen precedentes. O modelo de xestión da información e acceso a contidos está agora dirixido por nós mesmos mediante Blogs, canles de TV y Radio en streaming, subscripcións RSS etc. Isto, xunguido á inmediatez e facilidade de difusión das redes sociais, conforma un escenario no que museos e demáis institucións culturais públicas, debemos saber tirar proveito de todas estas ferramentas para poder cumplir o noso fin como espazo público. Achegarse ao usuario non é suficiente, agora queremos que participes dun espazo que é teu e que está a túa disposición.
"Enredate con Nós" e o lema da proposta deste programa de actividades, que pretende enredar, enlear, envolver, engaiolar, enganchar, comprometer..., pór en rede a todos e todas. Propoñemos e tamén agardamos propostas; queremos suxestións, ideas ou proxectos. Trátase de democratizar o acceso á cultura, facer real o dominio público, das infraestructuras e equipamentos culturais: quen teña un proxecto veña e poda levalo a cabo nun espazo que é noso, de todos, teu.
CAMPAMENTOS PARA RAPACES E RAPAZAS: Comunicámonos? Entendémonos?
12 e 13 de xullo, 11 e 12 de agosto de 2011
Emisores activos ou receptores pasivos?
Mestres: Persoal dos departamentos de didáctica
Obxectivos: Nun mundo tan cambiante, as redes sociais constitúen canles imprescindibles para a comunicación. Velaí o movemento 15M, creado e organizado a través destes espazos accesibles para todos; para nós tamén
Horario: de 11:00 a 13:30 horas.
Prazas: 20
Prazas: 20
Nota: Aínda que as datas de referencia para este campamento son as indicadas, o Museo queda en disposición de atender a todos e todos os participantes durante todos os días que van desde o 12 de xullo ao 31 de agosto, achegando recursos e colaborando no posible para o desenvolvemento pleno das súas iniciativas.
PROPOSTAS PARA FAMILIAS: ROTEIRO IRMANDIÑO
6 de agosto
Viaxe ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol, onde nos xuntaremos cos viaxeiros procedentes do Museo Pazo de Tor. Poñeremos en práctica as nosas capacidades e habilidades para recrear as guerras irmandiñas.
Prazas: 40
Inscricións: Museo Provincial do Mar
I XORNADAS: MUSEOS, AS REDES SOCIAIS COMO XENERADORAS DE CAMBIOS
Sábado, 27 de agosto, de 11:00 a 14.00 e de 17.00 a 19:00 horas
Xornada teórico-práctica: Educación, cultura e acción social nos social media. Estratexias, medición e avaliación para ámbitos de natureza cualitativa con impacto a medio e longo prazo, por Pilar Gonzalo que trabaja en el Área web del Museo Reina Sofía y es redactora de la sección ".org" de la revista Compromiso Empresarial" .
CONFERENCIA
Sábado, 2 de xullo, ás 20:00 h..-Os petróglifos. Gravuras rupestres ao aire libre, por Antonio de la Peña Santos. Promove: MariñaPatrimonio.
MUSEOLOXÍA SOCIAL
2 de xullo, 13:00 horas
Actividade práctica a cargo de persoal da ONCE.
22 de setembro, 11:00 horas
Pola mañá, actividade práctica a cargo de persoal da ONCE.
Pola tarde, reunión cos colectivos afectados e presentación das memorias e novas iniciativas do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade.
EXPOSICIÓNS
A arte de ser muller nun mundo por compartir: Que ves cando me ves (Do 1 de agosto ao 30 de setembro)
Vídeo-proxección: Oficios e mulleres de aquí e de acolá (do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2011), ás 18.00 horas
Documentos con memoria (setembro de 2011)
Mostra bibliográfica, fotográfica e documental producida polo Museo Provincial de Lugo sobre o convento de San Francisco de Lugo con motivo do 80º aniversario da súa declaración como BIC.
CINE NO MAR
Do 1 ao 31 de setembro, ás 18:00 horas (agás luns e domingos pola tarde)
REVISTA ORAL: A voz dos carraos, nº 11. Sábado, 24 de setembro, ás 19:00 horas
VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS
Visitas guiadas xerais
Todos os días, ás 12:00 e ás 17:00 horas
Itinerarios en feminino
Todos os domingos do verán, ás 12:00 h.
NOTA IMPORTANTE
A inscrición para as actividades que a requiren é gratuíta e poderá formalizarse a partir da data de publicación desta convocatoria no propio museo.
O prazo rematará cando se cubran, por rigorosa orde de inscrición, as prazas convocadas.
No caso de non se reuniren as inscricións suficientes para realizar algunha actividade (ou por causas de forza maior) poderá suspenderse algún dos obradoiros, circunstancia que se lles comunicará oportunamente ás persoas directamente afectadas.
No suposto que alguén decida non asistir a algún dos obradoiros nos que estea inscrito, prégaselle que lle comunique ao Museo esa incidencia para posibilitar o acceso das persoas inscritas en reserva.
Museo Provincial do Mar
Avenida da Mariña s/n
27890 San Cibrao, Cervo (Lugo)
Tfno.: 982 594572
museodomar@museolugo.org
www.museolugo.org.
Horario de verán (de xuño a setembro) Martes a sábado: Mañás de 11:00 a14:00. Tardes de 17:00 a 20:00
Domingos e festivos: Mañás de 11:00 a 14:00
Luns pechado
Domingos e festivos: Mañás de 11:00 a 14:00
Luns pechado
Entrada gratuíta
Xerencia da Rede Museística
Tfno.: 982 165534 / xerencia@museolugo.org
Tfno.: 982 165534 / xerencia@museolugo.org
0 comentarios:
Publicar un comentario