“A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 3.0”




Compráceme participar neste proxecto expositivo proposto pola Rede Museística Provincial de Lugo como representación das mulleres que estamos a loitar no mundo da arte e no que, cada vez, estamos a deixar unha pegada máis e máis grande.

Comparto, nesta ocasión, tres composicións pictóricas que pertencen ao meu proxecto Tinos e Titubeos que representa os meus primeiros pasos no mundo da arte.

O primeiro lenzo titulado Pájaros en la cabeza é un anaquiño de min e das miñas inquedanzas. Todos os meus traballos marcan o momento que estou a vivir e dalgún xeito podo dicir que son un reflexo. Oscilando no mundo dos contos, ésta representación de trazos moi coloridos contaxia ao espectador co seu positivismo.

Os formatos que elixo normalmente son series de lenzos xa que avivan a idea de pensamentos, fragmentos, anacos de ideas e ocorrencias dun momento determinado que pretendo transmitir.

Maruja Mallo e Sonia Delaunay son outros dos traballos que se poden apreciar neste proxecto. Pertencen a unha serie de pinturas homenaxe a algunhas das grandes artistas que admiro e que espertaron, a través das súas obras e a súa persoalidade a miña curiosidade e inquedanzas polo mundo da arte. Fridha Kahlo e Berthe Morrisot completan a colección e, aínda que, non conten con relación entre elas as elixo como fonte de inspiración para este traballo. É importante entender que non se trata de retratos senón dun guiño aos seus pensamentos. A través dos sombreiros das ideas, como eu lles chamo, conxelo os seus pensares nun instante a través da explosión de cores e trazos.

Os lenzos cos que participo son dunha natureza moi íntima e de certo ton feminino e contan con grandes referentes femininas como Frida Kahlo, Kiki Smith e Dana Schutz, entre outras.

O papel da muller na arte sempre foi imprescindible e moitas das mulleres artistas ao longo da nosa historia souberon facer da súa vida a mellor das súas obras de arte. As mulleres somos moi intensas e cando traballamos sabemos contaxiar esas nosas creacións coa nosa persoalidade, os nosos gustos e os nosos soños sempre co fin de expresar as nosas propias historias.

Con técnicas como os acrílicos, as acuarelas, e o collage, e sempre, empregando cores moi vibrantes e alegres pretendo transportar ao espectador a unha atmosfera diferente, orixinal e moi alegre.

O máis enriquecedor da visita a esta exposición é unha viaxe polos 25 mundos de ensoñación de 25 artistas moi diferentes que teñen en común a máis fermosa das cousas: ser muller.

Ruth Nuñez Ares

http://ruthnunezares-art.blogspot.com/

















O PAZO DE TOR



PAJAROS EN LA CABEZA


100x80

Collage, acrílico/ lienzo





SAN PAIO DE NARLA MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO



MARUJA MALLO SONIA DELAUNAY



80x80 cm 80x80 cm

Acrílico/ lienzo Acrílico/ lienzo



0 comentarios:

Publicar un comentario

Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License