Os museos da Rede Museística dependente da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo foron seleccionados en representación de Galicia para participar no proxecto Quen lle dá a volta á tortilla. Homes, mulleres, xénero e roles nas coleccións de tres museos provinciais, unha iniciativa na que participan o Museo de Bellas Artes de Murcia (MuBAM) e o Museo de León. Neste proxecto, xestionado polo colectivo Medusa Mediación e subvencionado polo Ministerio de Cultura, interveñen como representantes dos respectivos museos Luís Grau (director do Museo de León), Juan Sandoval (director do Museo de Murcia) eEncarna Lago (xerente da Rede Museística de Lugo). Convócanse obradoiros e prepárase unha exposición itinerante coas creacións dos asistentes e d@s artistas invitad@s, entre eles @s galeg@s Noa PersánPaula Cabaleiro e Iago Eireos.



Quen lle dá a volta á tortilla? propón virar, repensar moitos conceptos tradicionais relacionados co xénero como sinónimo de “cuestións da muller”. Así, o discurso deste reivindica a liberdade do ser feminino e tamén do ser masculino: que papel deben cumprir? Que actitudes se ven mal nel ou nela?

Quen lle dá a volta á tortilla? Homes, mulleres, xénero e roles nas coleccións de tres museos provinciais concíbese como unha oportunidade para seguir reformulándonos as relacións entre mulleres e homes e a nosa propia forma de estar e ser no mundo, intentando “darlles a volta” a tantos e tantos prexuízos e estereotipos que aínda nos embelecan, coartan e limitan.
A proposta que fai a Rede Museística da Deputación de Lugo a este proxecto invita a analizar a representación que se fixo tradicionalmente do que se considera ser home e ser muller. Para iso partirase de 20 obras da colección permanente e crearase un grupo formado por persoas interesadas que analizará e reflexionará sobre os modelos que transmiten esas imaxes para tratar de responder a preguntas como: Segue estando vixente o modelo de muller galega como os que representa o pintor Sotomayor? Que diferenzas vemos entre o modelo de home que a artista J. Minguillón representa ao retratar ao seu pai e os homes/pais que vemos hoxe en día? Ou, ten algunha relación a serie de televisión Sexo en Nova York cos retratos que realiza Maruja Mallo das súas contemporáneas burguesas na primeira etapa da súa carreira?

Sobre este tipo de preguntas reflexionarase nos obradoiros, a través de xogos e dinámicas que farán gozar, nun ambiente distendido, da experiencia colectiva de pensar no feminino e o masculino, e nas relacións que se establecen entrambos.
Nestes tempos de preocupación polo fracaso de tantos e tantos plans de coeducación faise totalmente necesario o compromiso das institucións públicas coa loita contra a discriminación sexual.
A proposta desde a Rede de museos da Deputación de Lugo entronca con estas iniciativas e coas que leva promovendo desde hai anos ao redor de temas de xénero, de accesibilidade aos museos e á arte como ferramenta de interacción social.
As obras de arte, máis alá da súa aparencia formal, conteñen unha carga ideolóxica que se asenta no pensamento grazas á cultura de masas. Trátase, xa que logo, de achegarse a elas doutro xeito para repensar que queren contar e como eses discursos se prolongan no tempo ata a actualidade.
O proxecto consta de dúas fases: Un obradoiro e unha exposición itinerante.

OBRADOIRO NOS MUSEOS DA REDE DA DEPUTACIÓN DE LUGO
A primeira fase do proxecto consiste no desenvolvemento dun curso práctico ou obradoiro de 20 horas de duración que se vai desenvolver nas sedes dos catro museos da Rede desde o martes 7 ao sábado 11 de febreiro, co seguinte calendario:
Museo Provincial de Lugo, (días 8 e 11)
Pazo de Tor (Monforte de Lemos), (día 7)
Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo (día 9)
Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol, (día 10).
O obradoiro exponse de xeito moi práctico e combina aspectos teóricos e aspectos lúdicos, demostrando que aprender é divertido. A súa metodoloxía baséase nunha reflexión lúdica e participativa, onde se valora todo o coñecemento e experiencia das persoas que estean involucradas, máis aló de cuestións teóricas, de xénero, procedencia ou idade. Pode participar calquera persoa con ganas de coñecerse máis a si mesma e coñecer máis o mundo en que viven.

ARTISTAS GALEG@S NO PROXECTO
Ademais, este proxecto propón que os creadores contemporáneos participen desde o principio no proceso de reflexión colectiva, sendo invitados ao obradoiro tres artistas por cidade ou comunidade que máis tarde reinterpretarán en clave contemporánea certas pezas da colección do museo. Esta é unha acción nova pois tradicionalmente sucede que os artistas traballan pola súa conta e despois faise educación en base á obra que eles presentan.
Os tres creadores galegos seleccionados para participar no proxecto son Paula Cabaleiro, Noa Persán e Iago Eireos.
As tres obras novas resultantes do seu traballo, xuntos coas dos artistas seleccionados para desenvolver o seu traballo nos outros dos museo do proxecto, nove en total, e xunto cos procesos resultantes do obradoiro, mostraranse nunha exposición itinerante que viaxará polas tres cidades implicadas.

Horario do obradoiro
Do martes 7 ao venres 10 de febreiro (16:30- 20.30h) : Lugares: Pazo de Tor, Museo Provincial de Lugo, San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar.
Sábado, 11 de febreiro (de 10-14h)
Custo por persoa: 20 euros

Inscricións
Para máis información e inscricións os interesados/as deben dirixirse á web do colectivo Medusa Mediación, proxecto: Quen dá a volta á tortilla?


EXPOSICIÓN
Desde o 16 de marzo ao 15 de abril, amosaranse no Refectorio do Museo Provincial de Lugo as obras creadas polos artistas seleccionados a partir do proceso de reinterpretación en clave contemporánea dalgunhas pezas das coleccións expostas nos museos da Rede e nos outros museos participantes.
Esta exposición continuará logo a itinerancia pasando en abril-maio polo Museo de León, para facer a última etapa en Murcia no mes de xuño, como peche e clausura do proxecto.

Contacto Rede Museística de Lugo:
Xerencia: Tfno.: 620 280 203 / xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org
Comunicación e Xestión Cultural: Tfno.: 982 24 21 12 / info@museolugo.org
Enlace web Medusa Mediación.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License